​A primeira edición virtual de EXFILNA sáldase co premio á colección ‘A Reforma Protestante’

A colección, elaborada por José Luis Fernández Carniceiro, foi galardoada co Premio de Prata Nacional. 


|

A colección, elaborada por José Luis Fernández Carniceiro, foi galardoada co Premio de Prata Nacional.


‘A Reforma Protestante’ xa cultivara éxitos filatélicos a nivel local, pero o galardón nacional reafírmaa como unha das coleccións máis valoradas desta edición de EXFILNA. A crise sanitaria provocada pola pandemia obrigou a esta edición, a 58ª da historia de EXFILNA, a celebrarse de forma online e non en Cáceres como estaba previsto.



Exfilna

Anuncio da EXFILNA pola FESOFI


Con este premio, corríxese “”  a escasa presenza que Lutero tivera ata a data en edicións anteriores, onde temas como a Biblia ou a propia Contrarreforma si tiveran un papel protagonista, pero non así Martín Lutero, impulsor do movemento en Alemaña.


Neste sentido, tanto membros da Federación Galega de Entidades Filatélicas (FEGASOFI) como membros da Federación Española de filatelia (FESOFI) contribuíron de forma decisiva a este éxito. Ademais, a colección inclúe primeiro selo protestante de España, solicitado pola Igrexa De Bonhome, en Ourense.


Doutra banda, o encargado de elaborar a colección quixo recoñecer a Tomás Novoa, monitor nacional, polo seu asesoramento, así como aos filatélicos galegos Fernando Nuñez e Marcos Gago e ao catalán Joaquín Pujol, así como a todos os protestantes de Galicia e España “que no seu día apoiaron coa súa adhesión a solicitude do selo de Casiodoro de Raíña coa Biblia do Oso”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE