'Zona a defender', a última obra de Manuel Rivas, chega ás librerías este xoves

O novo libro do escritor galego Manuel Rivas, 'Zona a defender', chega este xoves --5 de novembro-- ás librerías editado por Xerais.

|

A última obra do escritor coruñés ten elementos apocalípticos no que denomina 'era Mayday', onde a sociedade vive ao bordo un "grave e inminente" perigo.


O feminismo, a natureza e o sentido do humor son outras pezas importantes na obra de Rivas.


Libro de Manuel Rivas, 'Zona a defender'


O novo libro do escritor galego Manuel Rivas, 'Zona a defender', chega este xoves --5 de novembro-- ás librerías editado por Xerais.


A expresión 'zona a defender' popularizouse coa loita ecolóxica en Francia. Así, Rivas fai unha chamada de alerta a través do seu libro para que o planeta enteiro sexa unha zona para defender. Para iso, recorre a unha escritura poética, o pensamento crítico e o humor.

Tras a denuncia que supuxo 'Contra todo isto', Rivas escribe agora sobre o que denomina a era Mayday, de perigo "grave e inminente", para explorar aquilo que defende: unha internacional de conciencias, unha república de iguais, un novo contrato coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa.

O libro tamén se centra na importancia dun femininismo que "emancipe a mulleres e homes", á vez que avoga por "descolonizar a imaxinación e sabotear con ironía todo dogmatismo".

De tal forma, o libro trata de "pensar o impensable", así como de "prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa", explica a editorial Xerais sobre a nova obra do autor.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE