Novos positivos de coronavirus en centros escolares de Vigo, A Coruña, Moaña, Oleiros e 7 localidades máis

Listado completo de centros afectados no interior. Mos e a cidade olívica contan con brotes escolares que alcanzan ou superan os 10 contagios por COVID-19


|

A Coruña, Oleiros, Cabanas, Dodro, Vila de Cruces, O Incio, Meis, A Guarda, Moaña, Tui e Vigo teñen centros con positivos hoxe onde non os había onte.



A alza do coronavirus entre a comunidade educativa non universitaria mantense constante, con outros 47 casos activos máis que onte. A actual é a peor semana desde o inicio do curso, segundo reflicte a gráfica de novos casos activos. Hai centros con máis de 10 casos, pero a Xunta segue sen confirmar ningún brote de procedencia escolar. Hoxe o BNG  alertou que a situación é "demoledora" agravada polos "bandazos" da Xunta. 




As autoridades sanitarias cuantifican polo menos 961 casos nestas instalacións, case medio centenar máis que a xornada anterior e que manteñen unha tendencia de incremento constante e alcanzan cifras que superan nun 30 por cento ás rexistradas hai unha semana.


Os DATOS OFICIAIS NON RECOLLEN TODOS Os PECHES

Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 46 aulas, unha escola infantil en Lugo e un punto de atención á infancia en Boborás aínda que as cifras de incidencia son maiores ás achegadas pola Xunta, que só recolle as unidades e centros clausurados polo Sergas e non outros peches que se producen por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo ante a COVID-19.


IMPACTO EN VIGO

Neste contexto destaca a área sanitaria de Vigo, que se mantén como o foco principal da incidencia da COVID-19 ao contar con 225 positivos por COVID-19 nos seus centros.

A cidade olívica e o municipio de Mos rexistran, ademais, os casos máis graves de contagios de todo o territorio galego, con dez positivos no CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago e once na Plurilingüe Lareira, respectivamente.

A área coruñesa, con 158 positivos, mantense en condicións similares aínda que conta con centros que rexistran un número importante de casos como o IES Agra Leborís da Laracha, con sete ou a escola infantil Vagalume, de Arteixo, con dúas aulas pechadas debido a tres positivos rexistrados nas instalacións.

Ademais desta zona, a área de Compostela rexistra uns 137 positivos contabilizados. A escola Cativos de Conxo presenta tres aulas pechadas por dous positivos, mentres que A Magdalena en Ames conta cunha unidade clausurada e cinco casos.

O CIFP politécnico, e os centros privados Compañía de María e La Salle rexistran o maior número de casos na cidade de Santiago, con sete positivos respectivamente, xunto aos seis do San José de Cluny.

Tras Santiago atópase a área de Ourense, con 131 casos, e Pontevedra con 112. Pecharían a listaxe Lugo con 104 positivos e Ferrol con 94, con casos destacados como el IES Muralla Romana lucense con oito positivos e unha aula pechada ou o Lucus Augusti, con nove.

NOVOS CENTROS CON POSITIVOS
Entre os novos centros con casos de COVID-19 detectados está o IES Calvo Sotelo da Coruña, o CEIP Plurilingüe de Rabadeira de Oleiros, o Eladia Mariño de Cabanas, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, o CEIP Ricardo Casset do Incio e o Mosteiro-Meis.


IES Calvo Sotelo

IES Calvo Sotelo da Coruña


Tamén se localizaron na escola infantil de Baiona, o IES A Sangriña da Guarda, o IES As Barxas de Moaña, o CEP de Caldelas de Tui, ou o CEE Saladino Cortizo e o CPR San Fernando de Vigo.


Este é a lista completa remitida polo SERGAS de centros con positivos:



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE