10 aulas pechadas máis e novos positivos en centros da Coruña, Lugo, Fene, Vigo, Pontevedra e outras 10 localidades




Listado completo de centros afectados no interior. Os contagios obrigan a manter pechadas polo menos 46 aulas, unha escola infantil e un punto de atención á infancia


|

A Coruña, Miño, Fene, Narón, Arzúa, Lugo, Monforte, Verín, Marín, O Grove, Pontevedra, Gondomar, Ponteareas, Tomiño e Vigo teñen escolas onde hoxe hai positivos e onte non os había. Máis do 12% dos 7.535 casos activos de Galicia son membros da comunidade educativa non universitaria.



Os casos de COVID-19 nos centros educativos e escolas infantís continúan incrementándose. Os positivos detectados ata este mércores suman 914, case medio centenar máis que os comunicados a xornada anterior, e Vigo consolídase como o principal foco de incidencia no sistema educativo galego.





A tendencia que experimentaron o ritmo de contagios nas últimas xornadas apunta a que Galicia pasará esta semana o milleiro de casos confirmados nas escolas. Esta cifra, aínda que implique un peso reducido en termos porcentuais respecto a a poboación escolar, resulta significativa teniendo en cuenta que os casos activos en toda a comunidade ascenden xa 7.535. En concreto, significa o 12,1% do total.




Xamais creceran tanto os positivos neste ámbito como nestas dúas últimas xornadas, cun salto de 185 casos activos máis. O número de centros clausurados tamén están en máximos, dous. As aulas pechadas non están en niveis récord pero case se duplicaron desde a semana, desde 26 a 46. 


DÚAS ESCOLAS PECHADAS

A situación epidemiolóxica obriga, ademais, a manter case medio centenar de aulas pechadas, unhas 46, ademais de dúas escolas. En concreto, a gardería Golfiños de Lugo, que conta con polo menos catro positivos confirmado, e o punto de atención á infancia de Boborás, que conta con seis contagios por coronavirus.


O número de aulas pechadas, en todo caso, é maior ás cifras achegadas pola Xunta, debido a que o balance recolle unicamente as unidades e escolas clausuradas por decisión do Sergas pero non outros peches que se producen no territorio por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo de acción ante a COVID-19.


VIGO, A MÁIS AFECTADA
As áreas de Vigo, A Coruña e Santiago son as máis afectadas de toda a comunidade, especialmente a zona de influencia da cidade olívica que xa excede os 200 positivos cunha decena de aulas pechadas.


Vigo conta á súa vez con ounon dos brotes máis importantes detectados desde o inicio do curso, no centro privado Apóstolo Santiago, con polo menos 10 casos confirmados de COVID-19 nas súas instalacións.


En Mos, a plurilingüe Lareira mantén oito positivos, os IES Antón Alonso Ríos e Indalecio Pérez Tizón, de Tomiño e Tui, respectivamente, contan con sete e seis casos, e hai cinco aulas pechadas en catro escolas infantís da cidade olívica.


Na área coruñesa, pola súa banda, os positivos ascenden a 154 e as aulas pechadas a seis. O IES Agra Leborís da Laracha, con oito casos, e o CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, con seis, son os centros máis afectados, aínda que destaca a escola infantil Vagalume, de Arteixo, con dúas aulas pechadas debido a tres contagios rexistrados nas instalacións.


EVOLUCIÓN DE SANTIAGO E FERROL
A capital galega e Ferrol son outras zonas especialmente preocupantes debido á evolución dos casos na última semana. Compostela conta con 133 positivos e tres aulas pechadas na escola infantil Cativos de Conxo, ademais doutros cinco casos na Magdalena (Ames).


En todo caso, os centros privados Compañía de María, La Salle e Cluny son as escolas con maior número de casos, ao rexistrar sete, seis e cinco positivos, respectivamente, ademais doutras situacións como os sete contagios confirmados no CIFP Politécnico. O primeiro destes centros conta, ademais, cunha unidade pechada por iniciativa do equipo directivo (e que non recolle o parte da Xunta), segundo puido saber Europa Press.


Na área de influencia da cidade departamental, pola súa banda, a evolución epidemiolóxica sitúa a esta zona preto do centenar de casos, en concreto 85 e polo menos cinco aulas pechadas.


A situación da zona de Ferrol destaca especialmente por pasar de ser a zona menos afectada, cunha incidencia mínima, ata incrementar exponencialmente o número de positivos. Ourense, pola súa banda, sitúase en 134 positivos, Pontevedra en 107 e Lugo en 95.


NOVOS CENTROS
Entre os novos centros con contagios confirmados de COVID, as autoridades sanitarias han detectado positivos no CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña), o CPI Castro Baxoi de Miño, a escola infantil de Fene, o CEIP de Sillobre e o CPI Xunqueira, do mesmo municipio, ademais do IES As Telleiras de Narón, con dous casos.



IES As Telleiras de Naru00f3n nunha imaxe de Google Street View


IES As Telleiras de Narón nunha imaxe de Google Street View





O resto rexistráronse en dous centros de Arzúa, a Nosa Señora do Rosario e o propio IES de Arzúa, en Lugo, Monforte, Verín, Marín, O Grove, Pontevedra, Gondomar, Ponteareas, Tomiño, e Vigo, con cinco novos centros con casos confirmados de COVID-19.


listaxe completa remitido aos medios pola Xunta de centros afectados pode consultarse aquí:




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE