Vigo volve marcar un récord de casos activos, Ferrol dispárase e Santiago mantén unha situación delicada
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican esta xornada que a situación na área de Vigo empeora a pasasos axigantados, co segundo récord consecutivos de novos casos activos. O conxunto das áreas galegas hoxe volve disparar o número de casos activos, aínda que hoxe Ourense rexistra unha lixeira baixada nas súas cifras.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican esta xornada que a situación na área de Vigo empeora a pasos axigantados, co segundo récord consecutivos de novos casos activos.
O conxunto das áreas galegas hoxe volve disparar o número de casos activos, aínda que hoxe Ourense rexistra unha lixeira baixada nas súas cifras.
A área de Vigo hoxe rompe o seu récord de subida nun só día nesta segunda onda da pandemia: 144 casos activos máis en só 24 horas, o que ademais a converte na área con máis casos activos, por encima de Ourense. A expansión da enfermidade é palpable en toda a zona, na que esta mañá sumáronse Salceda de Caselas, Ponteareas e Gondomar ao nivel vermello de alerta sanitaria. Desde onte as probas PCR detectaron 172 casos positivos, cunha porcentaxe de positividade do 10,3%.
A pesar de ser unha cifra alta, a área de Ferrol é a que se mantén co índice de positividade máis elevado das sete áreas galegas: 17,5%. As probas rexistraron 80 novos positivos desde o martes, o que fixeron disparar o número de casos activos na zona en 74 casos máis, a segunda maior subida nesta segunda onda -o 24 de outubro foron 83 máis nuns só días-. Ademais, Pontedeume engorda a lista dos municipios no nivel de alerta máxima desde este luns, xunto coa cidade departamental, Narón e Fene.
Na área veciña a situación tampouco é moito mellor, a pesar de que A Laracha abandonou o nivel de alerta 3. A Coruña suma 84 casos activos máis aos seus algarismos este mércores, despois de que os test contabilizasen un centenar de novos positivos, cunha positividade do 6,6%.
En cifras similares móvese a área de Santiago de Compostela, que non afrouxa na súa escalada de casos activos, o que pode provocar novas restricións na capital galega e nos municipios de Ames e Teo. Unha decisión que tomará o comité clínico da Xunta este venres e que a cidade compostelá poderá evitar se mellora sensiblemente as cifras de hoxe, xa que suma 58 novos casos activos en 24 horas. A área sanitaguesa, cun 6,2% de positividade nos test, rexistrou onte 86 novos positivos nas probas.
Tamén máis de medio centenar de casos activos suman hoxe as áreas de Lugo e Pontevedra. Con 52 e 58 casos máis respectivamente, as áreas lucense e pontevedresa advirten un aumento sostido nas súas cifras. Desde onte, Lugo rexistrou 72 novos positivos polos 83 Pontevedra, aínda que na área da cidade do Lérez a porcentaxe de positividade é do 12,1%, moi lonxe do 6,4% que marca a área da cidade amurallada.
No outro lado da balanza, a área de Ourense conta este mércores con nove casos activos menos. A ourensá retrocedeu de forma considerable esta semana despois dos brotes detectados en residencias que fixeron disparar as súas cifras, pero agora parece que retoma o ritmo de descenso que viña marcando a finais da semana pasada.
Con todo, e pese ao alivio das cifras, a área da cidade termal mantén unha positividade do 10,2% nos seus test, ademais de rexistrar onte 89 novos positivos, a terceira cifra máis alta das áreas galegas só por detrás de Vigo e A Coruña. Xinzo e O Barco abandonaron hoxe o nivel de alerta 3.
As cifras de esta xornada impulsan a media semanal gallega ao engadir 308 novos casos ás cifras galegas, a maior subida nun día no que vai de segunda onda con 461 casos activos máis. Isto provocou que a comunidade creza a un ritmo do 4,7%, un 0,2% máis con respecto ao luns.
Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este mércores 28 de outubro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.535, dos cales 1.285 son da área da Coruña, 743 de Lugo, 1.414 de Ourense, 785 de Pontevedra, 1.502 da área de Vigo, 1.186 de Santiago e 620 de Ferrol.
Escribe o teu comentario