Enfermeira dun hospital Ferrol contáxiase dúas veces de coronavirus, confirmándose que a inmunidade é temporal

Unha auxiliar de enfermería do Hospital Juan Cardona de Ferrol contaxiouse de coronavirus en dúas ocasións no últimos sete meses, ambos os positivos confirmados por probas PCR.

|

Canto dura a inmunidade fronte ao covid-19? É posible reinfectarse? Pode ser a segunda infrección máis grave que a primeira?  Un novo  caso dunha sanitaria galega pode contribuír a aclarar algunhas destas preguntas craves para loita contra a pandemia.


Unha auxiliar de enfermería do Hospital Juan Cardona de Ferrol contaxiouse de coronavirus en dúas ocasións no últimos sete meses, ambos os positivos confirmados por probas PCR.



Hospital Juan Cardona de Ferrol



Así o trasladou o xerente do hospital ferrolán, Francisco Soriano, en declaracións a Europa Press, que incidiu en que ambas as ocasións presentou "síntomas leves".


PRIMEIRA INFECCIÓN LEVE

"A inmunidade que se presumía que podía ter non se produciu, xa que ou foi unha inmunidade curta ou neste caso non a houbo", explicou.

Por aquel entón, a traballadora superou a enfermidade no seu domicilio, xa que no seu estado non necesitaba de ingreso, e reincorporouse tras pasar catorce días na súa casa e dar negativo a PCR.


SEGUNDA INFECCIÓN TAMÉN LEVE, POR AGORA

Esta mesma auxiliar de enfermería volveu atopar con molestias leves o pasado sábado, e volveu dar positivo nunha nova proba, o que obrigou a poñer en marcha o protocolo de novo.

Actualmente mantense en corentena, "evolucionando ben" e en seguimento domiciliario. Así mesmo, todas as probas practicadas aos traballadores da unidade deron "negativo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE