​Luís Suárez supera a Aspas no duelo de pistoleiros

O Celta puxo o fútbol e o Atleti a eficacia, como outras tantas veces. Os de Óscar García xogaron un bo partido ante un Atlético de Madrid serio en defensa e que resolveu rápido o choque cun temperán gol do charrúa, que deixou as cousas moi difíciles para un Celta infestado de canteiráns que se topou unha e outra vez con Oblak. 


|

O Celta de Vigo caeu en casa ante un Atlético de Madrid que cos goles de Carrasco e Luís Suárez superaron ao cadro galego, que mereceu máis fornece para gol. 

Luís suarez


Suárez celebra o seu gol ante Fran Beltrán | Foto: @Atleti


O Celta puxo o fútbol e o Atleti a eficacia, como outras tantas veces. Os de Óscar García xogaron un bo partido ante un Atlético de Madrid serio en defensa e que resolveu rápido o choque cun temperán gol do charrúa, que deixou as cousas moi difíciles para un Celta infestado de canteiráns que se topou unha e outra vez con Oblak.


Coas baixas de Aidoo, Kevin e Hugo Mallo, o técnico celeste tivo que recorrer a Fontán e Carreira xunto a Olaza, Araujo e Murillo. Un plan de defensa de cinco que veu pronto abaixo, como ante o Barcelona. Aos cinco minutos, unha xogada na área celtiña na que conectaron Diego Costa, Manu Sánchez e Luís Suárez terminou co gol do uruguaio, que a pesar de non definir ben o fixo coa suficiente forza para que Villar non puidese despexar o coiro.


A partir de aí ao Celta, con tres partido ás súas costas sen facer gol, tocoulle remar, ante o óso máis duro da categoría en labores defensivos. A balón parado e con centros laterais tentárono os locais, pero Oblak e a madeira, que cuspiu un disparo do canteirán Carreira, refugaron calquera opción no primeiro tempo. Especialmente claro foi un man a man de Mina co esloveno no ecuador da primeira parte, que demostrou de novo o gafe dos olívicos, e de Mina en particular, co gol. Aspas, que tentou tirar do carro de todas as formas, acabou exasperado a primeira parte.


Xa no segundo tempo o Atleti estirouse un pouco, pero foi o Celta o que de novo gozou de máis ocasións, aínda que non tan claras como as do primeiro tempo, onde talvez os vigueses mereceron mellor sorte. Non foi ata o desconto que os colchoneiros remataron o partido cando Joao Félix inventouse un lategazo que saíu repelido polo traveseiro, pero o balón rexeitado recolleuno Carrasco para envialo ao fondo da rede cun croque.


Ao final, outros tres puntos que voan de Balaídos, outro partido sen marcar e a sensación de que a este Celta, coa pólvora que ten arriba, non lle dá para vivir tranquilo. Ou moito cambia o chip, ou veñen xornadas difíciles e de moito traballo na Madroa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE