Coidado cos xeles hidroalcohólicos e os nenos, sobre todo cos seus ollos

Os xeles convertéronse nun produto imprescindible en todos os fogares, o que elevou o número de incidentes. Médicos do hospital de Santiago alertan dun par de casos graves estes días.


|

Os xeles convertéronse nun produto imprescindible en todos os fogares, o que elevou o número de incidentes. Médicos do hospital de Santiago alertan dun par de casos graves estes días.


Uso de xeles hidroalcohólicos  en nenos. Nai con dous nenos.





Os servizos de Pediatría e Oftalmoloxía da área Sanitaria de Santiago e Barbanza alertan sobre o risco en menores por mor das exposicións accidentais aos xeles hidroalcohólicos.


Así o advertiu a área sanitaria compostelá nun comunicado de prensa, no que explica que aínda que a maioría dos casos que ven "son leves", nestes últimos días "dous nenos" desta zona tiveron que "recibir atención hospitalaria por unha afectación ocular grave".


CONSELLOS


Antes esta situación, o xefe do servizo de Pediatría, Federico Martinón, sinalou que "se hai unha exposición accidental nos ollos deste tipo de produtos, débese actuar con rapidez lavando a zona con auga abundante e recibir asistencia médica inmediata".

Mentres, a responsable de Urxencias Pediátricas, Susana Rey, fixo fincapé "na necesidade de manter estes xeles fose do alcance dos nenos e que o seu uso sempre estea supervisado por un adulto".

Hai uns días o Servizo de Información Toxicolóxica do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses publicaba o aumento significativo, destacaron as mesmas fontes, de intoxicacións accidentais por xeles hidroalcohólicos en nenos durante a pandemia e pedía precaución co uso destes.

Susana Rey destacou que no que vai de 2020 aumentaron un 900% os casos de intoxicación con respecto ao total de 2019, e a maioría foi por mor da inxesta en menores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE