​O Celta medirase ao Atleti curtos de efectivos e coas pernas cansas

Redacción

O Celta de Vigo medirase esta fin de semana ante o Atlético de Madrid con varios dos seus internacionais rodeados de dúbidas.


Denis suarez



Encima de poucos, exhaustos. Así se presenta o panorama esta fin de semana en Balaídos, que acollerá o duelo entre o Celta de Vigo e o Atlético de Madrid. Un choque rodeado de incerteza porque no club celeste, ás ausencias obrigadas no carril dereito polas lesións de Hugo Mallo e Kevin, súmase agora os problemas derivados de ‘Virus FIFA’, que fixo efecto no conxunto olívico.


Óscar García terá que facer encaixe de palillos esta xornada para idear o mellor once contra os colchoneiros este sábado. O principal problema vén cos internacionais suramericanos, Murillo e Tapia, dous xogadores que chegan de xogar con Colombia e Perú respectivamente. Fundamentais neste principio de tempada, tanto o cafeteiro como o andino terán que someterse a unha PCR como marca o protocolo, e mentres esta non arroxe un resultado negativo non poderán participar nos adestramentos, polo que chegarán ao partido sen haber adestrado baixo as ordes do míster. Encima, no caso de Tapia, os resultados das probas poderían non estar a tempo antes do partido, polo que suu concurso é aínda máis dubidoso se cabe.


A estes, hai que sumar a Okay, Araujo, Aidoo e Fran Beltran, que tamén sumaron quilómetros durante este tempo de descanso para a maioría. O turco xogou nin máis nin menos que tres partidos durante o parón, aínda que só completou o último duelo ante Serbia e xogou unha hora ante Alemaña. Aidoo xogou ante Malí e Catar, sumando 100 minutos entre os dous, mentres que Araújo entrou desde o banco contra Holanda (catro minutos tan só) e xogou os 90 contra Alxeria. Pola súa banda, Beltran disputou xogou media hora ante Kazajistan coa sub-21.


Con este escenario, a retagarda celtiña preséntase especialmente cansa ante o Atleti, que arrastra un problema para porta con dous partidos seguidos sen marcar. Ante o Celta, que tampouco viu gol nas súas últimas dúas citas, os de Simeone tratarán de resarcirse contra unha defensa que ademais de mermada ten a lingua de fóra. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE