Débese a turbieza do Eume a verteduras de Endesa? Adega relaciónaos e esixe á Xunta que investigue

A asociación ecoloxista Adega esixe á Xunta que dea a coñecer a orixe das verteduras ao río Eurme, que provocou turbidez no auga e a prohibición para consumo humano no Concello de Pontedeume.

|

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia considera que a situación na que se atopa o caudal do río Eume está provocada por diversas verteduras de Endesa, algo que xa alertou en varias ocasións.


"Un dos principais ríos galegos, que dá nome a un emblemático parque natural, leva décadas sufrindo os malos tratos da minería contaminante e as nefastas consecuencias para a natureza e o erario público das avaliacións ambientais chafalleiras", critican. 


Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.


A asociación ecoloxista Adega esixe á Xunta que dea a coñecer a orixe das verteduras ao río Eurme, que provocou turbidez no auga e a prohibición para consumo humano no Concello de Pontedeume.


Nun comunicado, Adega sostén que estas verteduras están "posiblemente relacionados coas operacións de Endesa de activación de válvulas de fondo do encoro".

E é que Adega sinala que alertou en "reiteradas ocasións" que Endesa "verte no Eume non só lodos e augas de escorrentías da explotación mineira e da estación depuradora, senón que tamén unha serie de reactivos e substancias perigosas".

"Uno dos principais ríos galegos, que dá nome a un emblemático parque natural, leva décadas sufrindo os malos tratos da minería contaminante e as nefastas consecuencias para a natureza e o erario público das avaliacións ambientais chafalleiras", censura.

Así mesmo, lamenta a "precaria situación" da bacía do Eume, "vítima da incompetencia, a improvisación e o deixamento das administracións".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE