Mentres outros protestan, os bares de Verín pechan motu propio
Durante esta segunda ola son frecuentes as restricións de aforo ou os peches decretados pola administración e as protestas dos hostaleiros contra elas. Pola contra en Verín os propietarios de bares andado un paso alante por vontade propia para axudar a combater o virus.
Durante esta segunda onda son frecuentes as restricións de aforo ou os peches decretados pola administración e as protestas dos hostaleiros contra elas. Pola contra en Verín os propietarios de bares andado un paso alante por vontade propia para axudar a combater o virus.
Os bares e as terrazas de Verín (Ourense) pecharán durante 10 días, pero os restaurantes poderán continuar abertos. Así o acordaron o Concello e representantes dos hostaleiros, en vista da negativa incidencia da pandemia do coronavirus.
A través dun comunicado, o goberno local explica que este luns o número de casos activos no municipio é de 74, o que implica unha incidencia próxima aos 540 casos por cada 100.000 habitantes.
A medida de pechar bares e terrazas durante 10 días, que partiu do Concello, foi sometida a debate polos representantes da hostalería, que aprobárona "cun amplo consenso", segundo recolle o mesmo comunicado.
O peche producirase desde este martes ás 20,00 horas e a intención é levantalo o vindeiro xoves, 22 de outubro. Con todo, os restaurantes continuarán abertos, debido a que tan só terán que pechar as súas terrazas e os seus bares, en caso de telos.
Ademais, co obxectivo de minimizar os riscos de contaxio, realizarase un cribado por PCR a todos os traballadores dos establecementos de hostalería verinesas.
O Consistorio xa adiantou que lanzará unha liña de axudas específicas para estes locais co obxectivo de paliar as perdas ocasionadas polo peche temporal.
Escribe o teu comentario