O coronavirus dispárase coas peores cifras de positivos de toda a segunda onda en Galicia


Pésimas noticias do coronavirus hoxe en Galicia. Os máis de 400 positivos comunicados supoñen a peor cifra desde o 2 de abril e desta segunda onda do covid-19. Os dous brotes detectados en residencias de Ourense déixanse notar, pero esta non son a única causa de tan negros números.


|

Pésimas noticias do coronavirus hoxe en Galicia. Os máis de 400 positivos comunicados supoñen a peor cifra desde o 2 de abril e desta segunda onda do covid-19. Os dous brotes detectados en residencias de Ourense déixanse notar, pero eles non son a única causa de tan negros números.


Eses 429 positivos son o resultado de sumar a variación de casos activos, +181; novas curacións, 246 e novos decesos, 2. 





Deses 429 diagnósticos, 353 son produto de PCRs, segundo o portal de datos estreado hoxe polo SERGAS.


Deses 429 positivos, 152 proceden dos brotes detectados nas residencias de Ourense. Sen eses brotes, o número de contagios sería 277, unha cifra menor e máis acorde coa serie histórica.  


En todo caso, eses 277 novos positivos serían unha mala cifra, pois a media ata hoxe andaba nuns 226 diagnósticoso ao día. En definitiva, as cifras de hoxe son malas e non só polo impacto dos dous brotes nas residencias de Ourense. Iso si, o maior problema parece estar nesa ára sanaitaria, que hoxe achega máis da metade dos novos diagnósticos, 235. Máis información sobre a evolución en cada área, aquí.


Debido ás negativas cifras deste venres, a tendencia xeral empeora aínda máis. A media móbil a sete días de diagnósticos dispárase ata os 258 positivos ao día, un valor non visto desde o peor momento ata o de agora da segunda onda, a principios de setembro.


A incidencia acumulada anda polos 67 positivos por cada 100.000 habitantes á semana. A forte aceleración de hoxe sitúaa preto dos máximos da segunda onda. 


A incidencia acumulada a dúas semanas non sobe tanto, anda polos 117 diagnósticos por cada 100.000 habitantes. A desproporción entre as dúas incidencias acumuladas confirma que o empeoramento das cifras galegas é un problema relativamente recente.


Os casos activos han subido un 4,4% nun só día ata 4.264. A tendencia era ligerisimante á baixa ata onte. Produto á aceleración, a porcentaxe volve a algarismos positivos. De media semanal, cada día aparecen 0,2% de casos máis.






Non se deberán esta aceleración a que o SERGAS está a facer máis test?


Efectivamente, Sanidade fai cada vez máis PCRs. A media anda en 6.363, a pesar de que onte completou só 5.700.


Con todo, a positividade onte foi excepcionalmente alta. Do 8,2% segundo os cálculos do SERGAS, cando levaba xa dúas semanas por baixo do 5%, o límite que fixa a OMS para indicar que un brote está fóra de control.


Por agora, a serie de hospitalizados non confirma que haxa un repunte real do virus. Segue estabilizada ao redor dos 190 encamados, cunha lixeira tendencia á baixa, 187 hoxe, igual que onte. Agora ben, esta lixeira tendencia á baixa pode ser ilusioria, pois no cómputo de hospitalizados todos os días réstanse falecidos.


Por exemplo, onte faleceron dúas persoas. Como o total de hospitalizados segue sendo o mesmo, podemos deducir que ingresaron dous enfermos en planta onte.


En definitiva, as cifras de hospitalizados seguen estables, sen confirmar por agora o rebote que se ve na cifra de positivo. Agora ben, dado que ese rebote é moi recente, é probable que falten bastantes días para que se deixe sentir nos hospitais.


Por agora, o SERGAS segue sen problemas de espazo. A penas o 3% das camas están ocupadas por enfermos COVID-19. Outra cousa son os problemas de persoal especializado, pues xa tivo que trasladar un paciente de Ourense a Vigo por falta de enfermeiras especialistas en UCI. 





IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (14)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE