Indignación na hostalería ourensá: "Podemos traballar 8 horas xuntos nunha oficina pero o café tomámolo por separado"

A posta en vigor o pasado sábado das restricións acordadas pola Xunta sobre a cidade de Ourense provocou un verdadeiro terremoto entre os hostaleiros ourensáns.


|

A posta en vigor o pasado sábado das restricións acordadas pola Xunta sobre a cidade de Ourense provocou un verdadeiro terremoto entre os hostaleiros ourensáns.


O sector, un dos máis maltratados pola crise do coronavirus, ve agora como a prohibición de reunións tanto no ámbito público como privado de persoas non conviventes supón unha estocada definitiva para moitos negocios.


Hosteleru00eda

A hostalería ourensá critica a decisión da Xunta


Así o advirte Javier Outumuro, presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense e propietario do restaurante A Taberna, que relata como os empresarios asisten a esta posta en marcha das medidas con “rabia, impotencia e indignación”. En declaracións para RTVE, Outumuro sinala que estas medidas supoñerán o peche de moitos locais, xa que coa chegada do inverno e a perda de clientes moitos veranse abocados a botar a persiana.


Desde o sector defenden que os locais seguen sendo espazos seguros e que como a maioría de contagios estaban a producirse no ámbito privado considera que estas medidas impulsadas desde o Goberno de Galicia non teñen razón de ser e que só serven para someter aínda máis a un sector xa de seu vilipendiado pola crise.


Que ten que ver un restaurante? Nós traballamos cinco persoas no restaurante e temos que comer cada un na súa mesa por non ser conviventes. Os que están a traballar nunha oficina oito horas ao día poden estar xuntos no seu espazo de traballo pero non comer xuntos e teñen que tomar o café por separado”, critica Outumuro, á vez que pon o foco sobre as lagoas existentes nestas restricións e a permisividade que había ata a data ao redor das festas clandestinas.


Desde o sector xa traballan na convocatoria de protestas contra estas medidas. Do mesmo xeito, reclaman ás administracións públicas solucións e axudas para manter á boia moitos negocios que confían en que a situación epidémica mellore pronto e que polo menos a campaña do Nadal poida ser un salvavidas para as súas arcas, aínda que o certo é que neste escenario antóllase complicado pensar que se poidan celebrar ceas de empresa ou reunións do Nadal da forma na que estabamos afeitos.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE