Brote de coronavirus entre o persoal de Urxencias do Hospital Montecelo de Pontevedra con tres afectados

O Hospital Montecelo, en Pontevedra, detectou nos últimos días un brote con polo menos tres positivos por coronavirus entre o persoal do servizo de Urxencias.

|

O complexo hospitalario pontevedrés confirmou un brote nas súas instalacións relativo ao persoal do servizo de Urxencias.


De momento son tres os afectados polo brote, que aínda que se produciu "fóra do hospital", como sinalan fontes da área sanitaria, ten en alerta a todo o complexo.


Montecelo 1


O Hospital Montecelo, en Pontevedra, detectou nos últimos días un brote con polo menos tres positivos por coronavirus entre o persoal do servizo de Urxencias.


Segundo informan a Europa Press fontes da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, hai confirmados tres contagios de COVID entre médicos que se produciron "fóra do hospital", tal e como subliñan.


Polo momento, "non hai plantas en corentena nin máis afectación", sinala a área sanitaria, que tamén asegura que se efectuarán cribados preventivos na mesma unidade.


Con todo, fontes sindicais consultadas por Europa Press engaden un cuarto caso positivo en Urxencias do Montecelo, concretamente o dunha técnico en coidados auxiliares de enfermería (TCAE) detectado a raíz do cribado realizado no persoal.


A semana que vén, indican estas mesmas fontes, repetiranse as probas PCR neste servizo "por protocolo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE