Dous accidentes de tráfico en Santiago e Muxía deixan dous falecidos un ferido de gravidade

Dúas persoas faleceron en senllos accidentes de tráfico rexistrados nas últimas horas nos municipios coruñeses de Santiago e Muxía, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

|

Tráxica xornada nas estradas galegas despois de que esta madrugada dous accidentes de tráfico saldásense co falecemento de dúas persoas. 


En Muxía unha saída de vía custoulle a vida ao condutor do vehículo sinistrado, mentres que na capital un choque frontal provocou a morte dun dos pilotos e feridas de gravidade ao ocupante do outro automóbil. 


Ambulancia galicia




Dúas persoas faleceron en senllos accidentes de tráfico rexistrados nas últimas horas nos municipios coruñeses de Santiago e Muxía, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O primeiro deles tivo lugar ao fío das 22,00 horas de venres na localidade da Costa da Morte. Alí, un condutor perdeu a vida ao saírse da estrada co seu vehículo cando circulaba pola estrada que une Muxía e Cee á altura do lugar de Oruxo.


Os efectivos de Urxencias Sanitarias e os bombeiros de Cee desprazados ao lugar tras recibir o aviso non puideron facer nada pola vida do falecido, un home duns 60 anos de idade veciño da zona na que se produciu o accidente.


Horas despois, ao fío das 01,30 horas da madrugada, outro accidente nas estradas cobrouse a vida doutra persoa, un home que conducía un coche que impactou frontalmente con outro vehículo, cuxo ocupante resultou ferido de gravidade.

Ocorreu en A Susana, no punto quilométrico 366 da estrada N-525, onde dous turismos chocaron frontalmente e quedaron visiblemente danados, segundo relata o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso doutros condutores que pasaban pola zona.


Como consecuencia do impacto, un dos ocupantes faleceu no lugar, mentres que o outro condutor foi evacuado de urxencia con feridas moi graves a o Hospital Clínico de Santiago tras ser liberado do interior do seu vehículo por unha dotación dos bombeiros de Santiago.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE