Boas noticias: Galicia moi preto do 5% de test positivos, o límite da OMS para estimar que un foco está controlado



Se non fose pola mala evolución recente do coronavirus en áreas como Pontevedra e Vigo, Galicia podería dobrar xa a súa curva dos rebrotes estivais. Así o indican as tendencias de novos contagios e de proporción de test positivos, ambas freando de forma lenta pero continua. Está por ver como repercute a volta ao cole, despois de constatarse o incremento de contaxio en idades escolares.


|

Se non fose pola mala evolución recente do coronavirus en áreas como Pontevedra, Ourense e Vigo, Galicia podería dobrar xa a súa curva dos rebrotes estivais. Así o indican as tendencias de novos contagios e de proporción de test positivos, ambas freando de forma lenta pero continua. Está por ver como repercute a volta ao cole, despois de constatarse o incremento de contaxio en idades escolares.


Este domingo, ata as sete da tarde, o SERGAS detectara 194 positivos.  Unha cifra que se pode calcular a partir dos históricos de datos das notas de prensa da Xunta. Correspóndense a 3 falecementos máis, 46 casos activos menos e 237 curacións.


IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (2)





Por terceira xornada seguida cae o número de novos diagnosticados. De feito, habería que remontarse ao martes 8 de setembro para atopar tan poucos. 


Certo que son datos dun domingo, cando o SERGAS adoita realizar menos test. De feito, onte completou relativamente poucos PCRs, uns 4.200 fronte aos 4.700 de media.


Con todo, resulta que esos 194 positivos significan o mellor domingo desde o 17 de agosto. Ademais, a taxa de positividade foi outra vez menor á que indica a OMS para poder estimar que un brote está en vía de control, 4,6% fronte a 5%.  É a quinta vez no últimos seis días que Galicia logra baixar desa barreira.


Entón esta melloría non é flor dun día e reflicte unha tendencia que nos permite ser optimistas?


Por agora, si. As medias móbiles a sete días, as que nos permiten observar mellor a evolución do virus, seguen caendo. De maneira moi tenue, pero caendo, como se pode apreciar no gráfico que a diario renova Galiciapress:




A mellor noticia é que a media de positividade cae ata o 5,13%, o seu menor valor desde o 13 de agosto. Son case dúas décimas menos hoxe que onte. Outra mellora así e mañá Galicia podería situarse, por fin, debaixo da barreira do 5% de probas PCR que dan positivo.


Como xa sinalamos, esta mellora explícase en parte polo esforzo do SERGAS facendo máis test. A media está en máis de 4.700 probas PCR ao día, cando hai un mes andaba polas 2.800.


O alivio tamén se observa na tendencia de novos positivos. A media móbil a sete días está en 232 diagnósticos de coronavirus ao día, que son dous menos que onte e dez menos que hai unha semana.


É dicir, se o SERGAS segue facendo máis PCR e os contagios baixan, lentamente, pero baixan; podemos deducir que o virus continúa en retirada, aos poucos, pero o covid-19 en Galicia segue freando.


Esta hipótese referéndaa a gráfica da porcentaxe de cambio diario de casos activos. Hoxe hai un 1% menos que onte. A media móbil a sete días está case en 0. Ese 0,1% de crecemento indícanos que case de media semanal hai xa tantas curacións como contagios.









HOSPITALIZADOS E FALECIDOS


Na fronte hospitalaria a evolución é de certa estabilidade. Hoxe hai catro persoas máis encamadas en planta convencional, sumando 211 en total. Con todo, hai xa días que se alcanzou o máximo desta onda, 220 hospitalizados, e desde entón o número de hospitalizados reduciuse algo.


A que segue a súa luctuosa escalada é a gráfica de falecementos. Eran 716 cando o SERGAS fixo o cómputo o domingo, tres máis que o sábado, todos residentes da Residencia DomusVi de Lugo (Outeiro de Rei), pero este luns sabemos que hai polo menos dous decesos máis, un nunha residencia da Coruña e outro no Hospital de Ourense. Son case 100 as persoas que faleceron nesta segunda onda de covid-19.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE