Pontevedra e Vigo son as áreas onde máis está a crecer o coronavirus en Galicia ultimamente

Galicia detectou en 24 horas un total de 223 novos positivos por coronavirus, o que supón un descenso nos contagios con respecto aos últimos días e, máis concretamente, unha importante baixada en relación ao sábado, cando se notificaron 281. Con todo, o número de casos activos subiu este domingo en cinco das sete áreas sanitarias galegas.

|

Galicia detectou en 24 horas un total de 223 novos positivos por coronavirus, o que supón un leve descenso nos contagios con respecto aos últimos días. A tendencia galega segue sendo dunha lentísima redución do virus, aínda que, desgraciadamente, algunhas áreas seguen cuns niveis de novos contagios alarmantes. Hoxe Ourense é a peor, peroson Pontevedra e, en menor medida Vigo, as que presentan unha evolución recente máis preocupante.





Segundo o parte diario facilitado pola Consellería de Sanidade, elaborado con datos de última hora do sábado, as persoas curadas han subido ata as 16.758, o que implica que se deu de alta a outros 233 pacientes de COVID-19. En canto aos falecementos, nas últimas 24 horas producíronse outros cinco e o total de vítimas da pandemia ascendeu a 715.

Así, os casos activos de COVID-19 --é dicir, o número de persoas que contan coa enfermidade-- reportados este domingo descendeu en 15, polo que o total colócase en 4.350.


Pontevedra mantén o seu perigoso ascenso de casos activos. Son 188 máis en só unha semana. Esta área é a terceira máis afectada de Galicia e de seguir así pronto superará a Lugo.


En concreto, os datos de Sanidade indican que cinco das sete áreas sanitarias da Comunidade rexistran unha subida no número de casos activos. A que máis crece é a de Ourense, con 527 persoas contaxiadas --18 máis que este sábado--. Tamén ascenden os casos activos en Pontevedra-O Salnés, ata 658 (+7); Vigo, ata 440 (+9); Santiago, a 637 (+11); e Ferrol, ata o total de 184 (+13).



En Santiago houbo onte 43 novos diagnósticos, un leve incremento dentro dunha tendencia lixeiramente á alza.





No lado oposto, a área da Coruña e Cee, que continúa acumulando o maior número de casos, baixa este domingo en 45 as persoas coa COVID-19 activa, ata 1.178. Así mesmo, caen na área sanitaria de Lugo, ata 726 (-18).


O número de PCR realizadas ata o momento na Comunidade galega sobe a 426.934, fronte ás 421.776 contabilizadas ata o venres. É dicir, en 24 horas realizáronse 5.158 probas.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE