​Murillo cumpre a súa promesa e regresa ao Celta de Vigo

O central cafeteiro, que a tempada pasada foi un dos xogadores destacados no segundo tramo do campionato, regresa a Balaídos como petición expresa do técnico. 


|

O central cafeteiro, que a tempada pasada foi un dos xogadores destacados no segundo tramo do campionato, regresa a Balaídos como petición expresa do técnico.


Murillo


Non eran os únicos pretendentes nin os mellor colocados, pero unha promesa é unha promesa, e pese ao interese doutros equipos e as complicacións ao redor da súa fichaxe, Jeison Murillo vestirá a zamarra do Celta de Vigo o próximo curso. Pilar da zaga celtiña desde que aterrou en Vigo o pasado xaneiro, o central colombiano era un dos nomes marcados en vermello na lista de peticións de Óscar García, que viu consumados os seus desexos a última hora do mércores despois dunhas negociacións maratonianas.



O cafeteiro priorizaba o seu regreso a Balaídos por encima doutras opcións, como as que o relacionaban co Valencia nos últimos días, unha alternativa que caeu tamén pola negativa de Peter Lim de repescar ao central. Finalmente a Sampdoria e o Celta lograron un acordo que satisfai ás dúas partes: cesión con opción de compra obrigatoria.


O seu regreso, ademais, supón dar por pechadas as incorporacións na retagarda celeste. Salvo sorpresa, a zaga está completa, o que significa que Martínez Quarta, que parecía telo feito co Celta segundo algúns medios, cae da carreira por vestir a elástica do club olívico.


O próximo en chegar, se atendemos aos desexos do técnico, podería ser Rafinha, unha operación que parece enquistada e que obrigará ao Celta para realizar un esforzo económico histórico se realmente quere contar cos servizos do hispano-brasileiro.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE