As chamas ameazan casas de Carzoá, en Cualedro, e Guillamil, en Rairiz de Veiga

As chamas devoraron máis de 2.250 hectáreas en incendios forestais rexistrados este domingo en Galicia.


|


As chamas devoraron máis de 2.250 hectáreas en incendios forestais rexistrados este domingo en Galicia. Nove deles, todos situados en municipios da provincia de Ourense, continúan activos e sen control a poucas horas de que teñan que retirarse os medios aéreos pola caída da noite.


Ehzs0DoXgAEgz T




Ademais, a proximidade das chamas aos núcleos de Carzóa, en Cualedro, e Guillamil, en Rairiz de Veiga, obrigou á Xunta a decretar a denominada 'situación 2' de emerxencia pola proximidade do lume a núcleos habitados.


As primeiras estimacións estiman a superficie afectada por estes incendios en 60 hectáreas no caso de Rairiz de Veiga e en 250 no de Cualedro.

Efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregáronse en ambos os incendios e tamén en Lobios, onde un incendio afecta a parte do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. En concreto, as chamas declaráronse na tarde do sábado na parroquia de Río Caldo.

De feito, segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural, este incendio e o que afecta desde a madrugada do domingo a Vilariño de Conso son os lumes de maior envergadura.

En ambos arderon xa 500 hectáreas, unha superficie próxima á que as chamas consumiron en Vilar de Barrio, onde o incendio declarado na mañá do sábado en Rebordechau afecta xa a 450 hectáreas.

Ademais, outros catro incendios forestais permanecen activos na provincia de Ourense. Na Gudiña, un lume declarado na tarde do sábado en Pentes calcinou 150 hectáreas, segundo as últimas estimacións; mentres que na parroquia de Queixa do municipio Chandrexa de Queixa as chamas estendéronse por 120 hectáreas desde que se iniciou ás 16,00 horas deste domingo.

En Maceda, dous incendios na parroquia de Castro iniciados simultaneamente ás 15,04 deste domingo arrasaron unha superficie dunhas 100 hectáreas, segundo as cifras facilitadas por Medio Rural.

Por último, outro lume forestal segue sen control en Laza. As chamas declaráronse ás 20,30 horas do sábado en Camba, onde arderon 50 hectáreas.

Pola súa banda, Medio Rural deu por controlado o incendio rexistrado en Cequeril, Cuntis (A Coruña), onde as chamas afectaron a unha superficie de 25 hectáreas. Ademais, o lume activo na parroquia de Hospital, en Quiroga (Lugo), foi extinguido ao fío das 20,00 horas deste domingo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE