Pontevedra é a ovella negra da melloría do coronavirus en Galicia, coa Coruña e Lugo con curvas dobrándose

Galicia detectou 236 novos positivos por COVID-19 nas últimas 24 horas, unha cifra similar aos contagios notificados o sábado, aínda que cun leve descenso de cinco. En canto aos casos activos, reducíronse en 55, ata os 4.281.

|

Mentres o resto de áreas está a descender na súa curva de casos activos ou a piques de logralo, Pontevedra segue disparada, con 31 enfermos máis. As restricións parece que están a impulsar descensos no resto de áreas, especialmente nas primeiras que sufriron limitacións, A Coruña e Lugo; mellorando así o conxunto de datos a nivel galego.





Galicia detectou 236 novos positivos por COVID-19 nas últimas 24 horas, unha cifra similar aos contagios notificados o sábado, aínda que cun leve descenso de cinco. En canto aos casos activos, reducíronse en 55, ata os 4.281.

Segundo os datos feitos públicos este domingo pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do sábado, o número de persoas curadas aumentou nun día en 289, ata o total de 15.222 desde o inicio da pandemia.

Ademais, as mortes subiron en dúas con respecto ao parte ofrecido este sábado, polo que as vítimas mortais que deixa o coronavirus na Comunidade son un total de 681. Os últimos falecementos, notificados na tarde do sábado, correspóndense con dous homes, de 75 e 87 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verín (Ourense).

SEGUEN Os PROBLEMAS EN PONTEVEDRA
Por áreas sanitarias, tan só tres rexistran ascensos no total de casos activos. A de Pontevedra é a que máis sobe, con 31 novas persoas infectadas que poñen o total en 470. Mentres o resto de áreas parece estar a moderar ou xa baixando a súa curva de casos activos, Pontevedra prolonga o seu pésimo refacho, con 147 casos activos máis en só unha semana.


Tamén aumentan os casos activos hoxe, aínda que lixeiramente, na área de Ferrol, ata 184 (+4), e na de Vigo, ata 366 (+3).

En canto ao resto, todas anotan descensos nos contaxiados de coronavirus. A Coruña continúa acumulando a maior cantidade, un total de 1.304 casos activos, pero baixan en 36 con respecto a este sábado.  É a cuarta xornada consecutiva que descenden os casos activos na Coruña, algo non visto desde os rebrotes e proba de que a área sanitaria dobregou a súa curva.


Do mesmo xeito, descenden en Lugo, ata 814 (-34). Na súa área tamén son catro xornadas con redución de casos activos. Se non fóra polo brote de DomusVi Lugo (Outeiro de Rei) a súa curva xa se dobrou.


Hoxe baixan os casos activos en Ourense, ata 473 (-13); e en Santiago, ata 670 casos activos (-9). Segunda xornada seguida que baixan os casos activos na capital de Galicia tras o repunte experimentado a mediados de semana.


Así mesmo, Sanidade notificou este domingo que o número de PCR realizadas ata o momento en Galicia desde o inicio da pandemia é de 394.634, o que significa que en 24 fixéronse un total de 5.026 probas.

Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (18)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE