A empresa Frigonor Coldstore promete crear 30 empregos en plantas de conxelado no Barbanza
O Goberno galego ha autorizado a concesión dunha axuda de máis de 7 millóns de euros por parte da Consellería do mar á empresa Frigonor Coldstore para a construción e posta en marcha dunha fábrica de transformación e conservación de especies procedentes da pesca na Pobra do Caramiñal, no Barbanza.
Diñeiro público custeará a metade do investimento de 14 millóns prevista para este ano e o seguinte
Rosa Quintana, conselleira do Mar, visitando Alicrusa, cuxo administrador único Jose Miguel Hernandez García tamén participa en Frigonor
Esta axuda supón o 50 por cento do investimento, de máis de 14 millóns de euros, a distribuír nas anualidades 2020 e 2021, e con este proxecto --segundo asegura a Xunta-- a empresa prevé crear máis de 30 empregos directos.
A axuda apróbase ao amparo da convocatoria de 2020 de axudas para investimentos en pemes de transformación de produtos do mar.
Contará con dúas plantas para a elaboración, dous cámaras de almacenamento en conxelación a -45ºC e a -20ºC, e peiraos de carga e descarga.
Escribe o teu comentario