Adeus a todos os mandos intermedios de Educación en pleno inicio do curso, entre outros cambios no segundo escalafón da Xunta

José Ramón Pardo, funcionario de carreira, será o secretario xeral técnico da nova Consellería de Emprego e Igualdade

|

Tras as substitucións entre os conselleiros, hoxe prodúcense cambios nas direccións e secretarías xerales, incluídos dos tres principais subordinados do Conselleiro de Educación, xusto cando os alumnos están a volver ás aulas.


Así, Manuel Corredoira (director xeral de Educación), José Manuel Pinal (director xeral de Recursos Humanos) e Jesús Oitavén (secretario xeral da Consellería) non estarén no equipo que dirixe o conselleiro Román Rodríguez.  O novo secretario xeral é Manuel Vila López , José Luis Mira Lema levará a dirección xeral e Jesús Álvarez Bértolo os recursos humanos.


Manuel Vila Lu00f3peixe prometendo o seu cargo


Manuel Vila Lópe prometendo o seu cargo


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que Nava Castro seguirá como directora de Turismo de Galicia, un cargo que ocupa desde xaneiro desde 2013, e que agora depende da Vicepresidencia primeira, que dirixe Alfonso Rueda.

Licenciada en Filoloxía Hispánica, Castro ten unha longa traxectoria política, que iniciou como deputada no Parlamento de Galicia no ano 1985. Tamén parlamentaria no Congreso dos Deputados e, en maio de 2009, foi designada directora xeral de Comercio, antes de pasar a ocuparse das competencias de Turismo.

Tras presidir a rolda de prensa do Consello --o primeiro do mandato que adoptou acordos tras o de toma de contacto do luns--, Feijóo anunciou que un dos seus homes de confianza, Álvaro Pérez López, tamén volve á Secretaría Xeral de Presidencia.

Nacido na Coruña en 1973 e licenciado en Dereito, desde o 2009 ata xaneiro de 2020 exerceu como director xeral do Gabinete de Feijóo.

ECONOMÍA E MEDIO RURAL
O Goberno galego tamén nomeou a Pablo Casal secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Licenciado en Dereito, desde xullo do ano pasado era director xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Con anterioridade, ocupou os cargos de secretario xeral do Igape e de xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ademais de distintas responsabilidades na Administración local.

Asu vez, designou secretario xeral técnico da Conselelría do Medio Rural a Nicolás Vázquez Iglesias. Este licenciado en Ciencias Físicas e Enxeñeiro Superior Industrial era ata o de agora vicesecretario xeral da Vicepresidencia de Rueda.

Á súa vez, volverá á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a José Manuel Balseiros Guinarte. Con ampla experiencia política no ámbito local, foi alcalde de Cerdedo, concello que acabou fusionándose con Cotobade.

SECRETARÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Finalmente, o Consello de la Xunta aprobou na súa reunión deste xoves o nomeamento de José Ramón Pardo Cabarcos como secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade.

Nacido en Vilalba (Lugo) en 1964 e licenciado en Dereito, é funcionario de carreira do Corpo Superior da Administración da Xunta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE