Restricións para Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha e fin delas en Abegondo, Bergondo, Carral e Sada
A Xunta recomenda evitar as reunións familiares se non son imprescindibles. Bares e ximnasios están a ser dous dos principais motores dos contaxios fose dos fogares.
A boa evolución da Coruña leva a levantar as restricións na zona limítrofe, pero non na cidade. Lugo tamén segue cunhas restricións que agora afectan tamén a Santiago, Ourense cidade, Santa Comba, Carballo e A Laracha.

As áreas sanitarias de Santiago, Lugo e Ourense levan días con fortes aumentos. En particular a de Santiago. Información detallada sobre a evolución por áreas aquí.
Escribe o teu comentario