Pilar de Lara volverá comandar un xulgado, pero lonxe de Lugo, tras cumprir a súa sanción
Os atrasos inxustificados na instrución dalgunhas das máis importantes macrotramas corruptas de Galicia levou ao órgano de goberno dos xuíces para sancionala, algo moi inusual. Agora, cumplida a sanción, de Lara pode volver exercer, aínda que perdeu a súa praza.
Pilar de Lara cesou a finais do mes de xaneiro do seu posto no xulgado de instrución número 1 de Lugo, onde permanecera 12 anos e desde o que instruíu macrocausas como a Operación Pokémon.
A perda de destino estivo motivada por unha sanción imposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial por "dilacións indebidas" na tramitación dos seus casos. A sanción, cualificada como grave, carrexou unha suspensión con sete meses e un día de emprego e soldo, o que conleva a perda de destino. O representante legal da maxistrada avanzou a semana pasada a súa intención de solicitar Cataluña como próximo destino.
Escribe o teu comentario