Levamos xa case sete meses desde que veu visitarnos ese “bicho” ao que puxeron o nome de Covid-19. Segue entre nós e os entendidos avísannos que isto vai para longo. Todo este tempo, o virus asasino levouse a miles de persoas por diante e aínda non está satisfeito, quere máis.
Despois de todos estes longos meses de angustia, medo e resignación, aparece a xenial ministra de igualdade, Irene Montero, anunciando o peche dos clubs de alterne e a persecución da prostitución porque “vai ser fundamental para o control dos rebotes, posto que o rastrexo é máis difícil” nas mulleres prostituídas e é preciso garantir os seus dereitos”. É máis difícil nas mulleres, e por suposto nos clientes. Igual gustaríalle, como veu ocorrendo nas discotecas, pedir os datos e números de teléfonos aos clientes?
Coa gran rapidez, astucia e resolución que anunciou a brillante medida, suponse que tivo tempo de pensar na alternativa ao peche que lle van a dar a estas mulleres, que traballan -a maioría delas- por obrigación. Pensou Montero nos recursos que necesitan para poder vivir? Prohibir é moi fácil, pero dar alternativas é máis complicado cando quen o ten que facer non ten nin a máis remota idea. Ademais é tan controladora, que fose dela, ninguén decide as accións por medo a ser substituída. “Onde hai patroa, non manda enchufada” deben pensar as súas acólitas.
Como as persoas teñen o vicio para comer e de cubrir outras necesidades, o que vai ocorrer é que o “sector” vai pasar á clandestinidade, co que iso conleva para as afectadas e as súas angelitos custodios, os proxenetas. Quen se vai a ocupar de velar pola saúde destas mulleres? Que sucederá cos clientes sen escrúpulos que sigan demandando os seus servizos? Estará dona Irene custodiando todo o territorio para que isto non suceda?
A ministra igualdade declárase abolicionista e está disposta a levar as súas ideas ata as últimas consecuencias Poderá?, Está claro que a profesión máis antiga do mundo seguirá polos séculos dos séculos. É o mesmo que pretender que desaparezan os ladróns, estafadores ou mentireiros ou asasinos, iso é imposible porque é inherente á condición humana. Non se pode facer populismo.
Mentres que non se ofreza unha saída laboral ás mulleres que non queren exercer a prostitución, non hai solución. E ás que queren, porque o ven como unha profesión, hai que garantirlles a máis diso un control sanitario, uns dereitos que agora non teñen, por moitas razóns.
Formar parte dun goberno, sexa de esquerdas ou de dereitas, é algo máis que levar unha carteira que poña ministra de…. Porque, como dicía o escritor Baltasar Gracián, “é desgraza habitual nos ineptos a de enganarse ao elixir profesión, ao elixir amigos e ao elixir casa”.
Se despois de case sete meses, a gran idea da ministra de igualdade é pechar os bordeis sen dar alternativas ás mulleres que di defender, é digna de poñela no manual de incompetentes para que a ninguén se lle ocorra tomala como exemplo.
Escribe o teu comentario