A OMS indica que non hai probas de que o Covid-19 se contaxie a través dos alimentos
Chinesa alerta que detectou coronavirus en paquetes de pito conxelado procedentes de Brasil. A Organización Mundial de Saúde matiza que o COVID-19 estaba presente nunha proporción moi pequena dos paquetes analizados. Ademais, a súa máxima experta lembra que, ata hoxe, ninguén demostrou que o virus se poida transmitir a través da comida.
China alerta que detectou coronavirus en paquetes de pito conxelado procedentes de Brasil. A Organización Mundial de Saúde matiza que o COVID-19 estaba presente nunha proporción moi pequena dos produtos analizados. Ademais, a súa máxima experta lembra que, ata hoxe, ninguén demostrou que o virus se poida transmitir a través da comida.
Ata o momento non se rexistraron casos de transmisión de COVID-19 na comida, segundo resaltou este xoves a Organización Mundial da Saúde (OMS) tras a alerta das autoridades chinesas de que unhas ás de pito conxeladas importadas de Brasil desen positivo por coronavirus.
Van Kerkhove, epidemióloga da OMS
A doutora Maria Van Kerkhove, epidemióloga líder da OMS, explicou en rolda de prensa que entre os máis de cen mil paquetes inspeccionados só atoparon menos de dez infectados. O director de Emerxencias da OMS, Mike Ryan, engadiu que as persoas xa están suficientemente asustadas coa COVID-19, polo que é importante facer un seguimento de preto destes achados para que a xente continúe coas súas vidas cotiás sen máis temores.
"Non hai problema con a cadea alimentaria, por agora xa hai suficientes problemas...
Escribe o teu comentario