Unha semana de prazo para as axudas da Xunta para que Pemes, autónomos e asociacións pidan as axudas de Reactiva
As pequenas e medianas empresas (pemes), os autónomos e entidades de economía social galegas poden solicitar ata o vindeiro luns, día 17 agosto, as axudas do programa Reactiva comercio e servizos seguros.
Economía subvenciona ata 3.000 euros, a metade do gasto, de, por exemplo, a compra de material para protexerse do coronavirus na reapertura de comercios
As pequenas e medianas empresas (pemes), os autónomos e entidades de economía social galegas poden solicitar ata o vindeiro luns, día 17 agosto, as axudas do programa Reactiva comercio e servizos seguros.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
Os apoios cobren os gastos tanto das medidas que se poñan en marcha agora como das realizadas desde a declaración do estado de alarma, a través dunha tramitación rápida e sinxela, que inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos investimentos realizados.
Cunha dotación total de 16 millóns de euros, nesta iniciativa colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo (no marco do plan Galicia destino seguro); e Infraestruturas e Mobilidade.
As axudas poden destinarse á adquisición de equipos protección individual e desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta ao dispor dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas de protección.
Deste xeito, os establecementos comerciais, empresas do sector turístico e barberías de menos de 10 traballadores poden obter apoios polo 100% das medidas activadas, desde 300 a 1.200 euros. Pola súa banda, as pemes de menos de 50 traballadores tanto destes sectores como do transporte, os servizos e as actividades profesionais poden beneficiarse de apoios directos no 80% do custo nas medidas de seguridade, desde un investimento mínimo de 1.500 euros ata un máximo de 3.750, sendo por tanto a axuda máxima de 3.000 euros.
Escribe o teu comentario