Vídeos: Así tirou ADIF ao leito do Río Sil uns vagóns de tren que descarrilaron Carballeda de Valdeorras

A Consellería de Medio Ambiente abriu unha investigación sobre a caída ao río Sil dun dos vagóns do tren descarrilado o pasado 28 de xullo en Carballeda de Valdeorras (Ourense), un suceso que este martes o departamento autonómico de Infraestruturas pediu a Adif que explique.

|

Galicia en Común reclama que a empresa pública investigue e depure responsabilidades. Pola súa banda, a Xunta abre unha investigación.


A Consellería de Medio Ambiente abriu unha investigación sobre a caída ao río Sil dun dos vagóns do tren descarrilado o pasado 28 de xullo en Carballeda de Valdeorras (Ourense), un suceso que este martes o departamento autonómico de Infraestruturas pediu a Adif que explique.








En concreto, na mañá deste martes, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, trasladoulle á empresa pública a súa preocupación pola situación xerada.


Desde a oposición, Galicia en Común esixe depurar "responsabilidades" tras a "aberración ambiental".






Ademais, segundo informou o departamento que dirixe Ethel Vázquez, a Xunta pediu información precisa sobre o protocolo de actuacións que se está levando a cabo para a retirada dos vagóns, co obxectivo de que se retiren canto antes e que se minimicen as afeccións á contorna.


INFORME DOS INSPECTORES DA XUNTA

Pola súa banda, fontes da Consellería de Medio Ambiente detallaron que se desprazaron ao lugar axentes ambientais do distrito para emitir o correspondente informe e estudar se houbo unha presunta infracción nos feitos ocorridos.

Ademais, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez en funcións enviará o mércores senllas cartas aos ministros de Transportes, José Luis Ábalos, e para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, para demandarlle explicacións sobre o ocorrido.

Precisamente, este martes, Adif informou que abriu unha investigación para aclarar os sucedido despois de que transcendesen unhas imaxes nas que se ve como un destes vagóns cae ao leito do Sil mentres que outro queda suspendido entre as vías e o río.


Vagóns de mercancu00edas descarrilados en Carballedas arroxados ao Sil por ADIF




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE