Un afogado na Praia de Covas en Ferrol a pesar de ser rescatado e outro bañista logrou salvarse
Unha persoa faleceu afogada este domingo na praia de Ponzos, en Covas, en Ferrol, tras ser arrastrada pola corrente, informou o 112.
Dous bañistas foron arrastrados pola marusía no areal de Ponzas este domingo, en Ferrol. Un logrou saír do mar polos seus propios medios , ao outro o rescataron o socorristas pero non conseguiron mantelo con vida.
O primeiro aviso recibiuse ás 17,15 horas, cando un particular chamou para indicar que había unha persoa en apertos na auga. Con todo, outra persoa púxose en contacto co 112 para sinalar que eran dúas persoas as que tiñan problemas porque as estaba arrastrando a corrente.
Praia de Covas en Ferrol nunha imaxe da CRTVG
Unha destas persoas logrou saír da auga polos seus propios medios, pero o outro bañista tivo que ser rescatado e morreu, a pesar dos esforzos dos socorristas do areal por reanimalo. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento.
O 112 deu aviso a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais da o 061, a Policía Nacional e a Local.
Escribe o teu comentario