Seis positivos máis no brote de Arteixo e Oleiros, relacionado cun ximnasio de Meicende e unha discoteca de Santa Cruz

Os casos que deron positivo por COVID-19 vinculados ao brote do ximnasio de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, subiron a 31 este sábado, seis máis que na xornada do venres, informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

|

A área sanitaria da Coruña ten 44 casos activos máis desde o luns, día no que se detectou o positivo ao porteiro de discoteca de Santa Cruz e usuario de ximnasio en Meicende. Deses 44, 31 positivos proveñen dese foco.


Os casos que deron positivo por COVID-19 vinculados ao brote do ximnasio de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, subiron a 31 este sábado, seis máis que na xornada do venres, informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas).


En total, desde que empezou ese rebrote o luns, o total de casos activos na área aumentou en 44. Isto permite intuír que o de Arteixo-Oleiros non é o único foco na Coruña, aínda que si o principal.






O seguimento dos contactos que se está levando a cabo a área sanitaria da Coruña e Cee en relación a este brote e as súas ramificacións noutras zonas da área sanitaria levou a realizar máis de 500 PCR na xornada do venres.

Ante a "posibilidade de novos contaxios", a Consellería de Sanidade segue coas tarefas para localizar contactos e tratar de evitar novas infeccións.

Este brote é o segundo maior rexistrado polo momento en Galicia, tras o da comarca da Mariña, en Lugo. A orixe do brote de Meicende sitúase en un usuario dese gimmasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), local que xa foi pechado a pasada semana.


O MATADOIRO E UN CENTRO CÍVICO, TAMÉN AFECTADOS

Ademais, entre as persoas que deron positivo vinculadas a este foco están un vixiante do centro cívico de Monte Alto, na Coruña, e un traballador do matadoiro municipal da mesma cidade.


C4twL coronavirus casos activos no rea sanitaria da coru a




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE