(VÍDEO) Abascal anuncia unha moción de censura contra Sánchez en setembro para evitar "a ruína, a morte e a opresión" en España


O líder de Vox, Santiago Abascal, anunciou este mércores no pleno extraordinario sobre o Consello Europeo que o partido presentará en setembro unha moción de censura contra o actual Goberno de Pedro Sánchez. 


|

O líder de Vox, Santiago Abascal, anunciou este mércores no pleno extraordinario sobre o Consello Europeo que o partido presentará en setembro unha moción de censura contra o actual Goberno de Pedro Sánchez


O presidente de Vox, Santiago Abascal, no Congreso




Ademais, reclamou ao PP e a todos os partidos "que non crean na ruína e na morte" e sómense á iniciativa. Abascal referiuse ao Executivo como "ilexítimo, criminal e deprensivo"




O líder do partido de ultradereita xustificou a moción porque "Sánchez fixo a peor xestión do mundo dunha pandemia que chegou da Chinesa comunista. Non deu datos fiables da xestión máis mortal, a peor do mundo con case 50.000 mortos". Ao que engadiu que "o acordo europeo está cheo de mentiras, porque é un rescate que implicará a perda de soberanía co que abandonan o campo e condenan á industria"


Para Abascal o culpable directo da crise sanitaria e económica é China. Por este motivo, pediu que se apliquen aranceis nos produtos procedentes deste país. Finalmente concluíu dirixíndose en contra de "a invasión silenciosa da inmigración ilegal á que chamaron a berros. Son inmigrantes que chegan contaxiados e crean inseguridade. Turistas nin un, inmigrantes ilegais, todos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE