​Renato Tapia convértese na primeira pedra do novo proxecto do Celta

Unha vez lograda a salvación, na Sede non quixeron perder máis o tempo e puxéronse ao choio coa contratación do internacional peruano. 


|

Unha vez lograda a salvación, na Sede non quixeron perder máis o tempo e puxéronse ao choio coa contratación do internacional peruano.


Tapia




Non hai escusas nin tempo que perder. A pésima tempada do Celta de Vigo xa é cousa do pasado e en Balaídos xa só hai sitio para pensar na próxima campaña. Por iso, e unha vez que ratificaron a Óscar García como o técnico desta nova etapa, o Celta anuncia a súa primeira fichaxe para a tempada 20/21: Renato Tapia.


O peruano era un vello anhelo do Celta de Vigo, que consegue coa contratación do centrocampista un reforzo de luxo á medular do cadro celtiña. Ademais, supón un negocio redondo, xa que o internacional arriba á ría de Vigo a custo cero despois de terminar o seu contrato co Feyenoord holandés.



Con 24 anos Tapia é un verdadeiro comodín para o técnico do Celta, xa que pode actuar como xogador, de corte, a súa posición natural, como de central, grazas á súa poderío físico e o seu 1,85m. O peruano leva xa moitos anos en Europa e nun fútbol de xogo rápido como o da Eredivisie, polo que non debería ter problemas en encaixar na proposta de Óscar García. Ademais, non ocupa praza de extracomunitario ao ter pasaporte dos Países Baixos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE