Repuntes leves de coronavirus na Coruña e Vigo nunha xornada marcada por outro descenso na área de Lugo

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven reflectir un día máis a melloría paulatina nas cifras de casos activos de coronavirus na área lucense. A situación parece ir perdendo forza despois de varias semanas de crecemento constante. Con todo, mentres os casos activos volven caer na área de Lugo, esta é a única das sete áreas galegas que hoxe arroxa cifras negativas, xa que mentres A Coruña e Vigo soben, as outras áreas móstranse inalterables nos seus índices.


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven reflectir un día máis a melloría paulatina nas cifras de casos activos de coronavirus na área lucense. A situación parece ir perdendo forza despois de varias semanas de crecemento constante. 


Con todo, mentres os casos activos volven caer na área de Lugo, esta é a única das sete áreas galegas que hoxe arroxa cifras negativas, xa que mentres A Coruña e Vigo soben, as outras áreas móstranse inalterables nos seus índices.



As mellores cifras son, en todo caso, as de Lugo. Con doce casos menos a área da cidade amurallada axuda a amortecer o golpe provocado polos saltos da Coruña e Vigo. Mentres que na área coruñesa os datos crecen en tres casos novos, na área olívica son dúas os novos casos que se engaden aos seus algarismos. No caso da área viguesa é ademais o segundo día consecutivo en ascenso, mentres que para A Coruña supón a cuarta vez en oito días que ve aumentar as súas cifras


O descenso é de sete casos menos desde onte, algo lonxe dos 17 menos que rexistráronse hai 24 horas, pero favorables para pensar que Galicia volve contar cun ritmo constante no descenso de casos activos, algo que se alterou fai tres semanas co brote detectado na Mariña. Con todo, hai que lembrar dous aspectos: a Xunta difunde cifras de casos activos, non de novos contagios. Isto non significa que non aparecesen máis casos novos en Galicia, senón que as altas puideron equilibrar os novos contagios.   


Pola súa banda, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e Ferrol non ofreceron cambios desde onte, coa área da cidade depatamental marcando un único caso activo por quinto día seguido. 


MEDIA MÓBIL CORRIXIDA

Os sete casos menos hoxe en Galicia axudan a manter de forma clara no cambio de tendencia que onte experimentou Galicia, que previamente sufrira un virage neste sentido. Se o luns referiamos que a escalada de datos, xunto cos outros tres días de repunte que sufriu Galicia a pasada semana por só dúas xornadas en descenso -o sábado a comunidade non perdeu nin sumou casos novos-, supoñían que a media móbil semanal ofrecese porcentaxes positivas, cun crecemento do 0,5%, onte tórnalas volveron a cambiar e a comunidade a un ritmo de descenso do -0,6%. 


Hoxe esa porcentaxe vulve a caer, aínda que non con valores positivos. O descenso semanal é do -0,3%, a cifra de caída máis baixa desde o 22 de xuño, cando chegou a ser do -0,2%. Doutra banda, o número de casos activos decrece hoxe en Galicia un 2,9%.





Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este mércores 15 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 238, dos cales 26 son da área da Coruña, 171 de Lugo, 4 de Ourense, 7 de Pontevedra, 14 da área de Vigo, 15 de Santiago e 1 de Ferrol. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (38)







relacionada ​Admitida a trámite a querela presentada contra DomusVi pola crise na residencia de Aldán-Cangas, informa REDE
relacionada Os datos do brote da Mariña deixan a Burela como a única con restricións de mobilidade, levantadas no resto de localidades
relacionada Contaxio de coronavirus nun viaxeiro dun voo Madrid-Vigo provoca o illamento de 12 persoas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE