​Admitida a trámite a querela presentada contra DomusVi pola crise na residencia de Aldán-Cangas, informa REDE

A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias vén de anunciar que o Xulgado de Instrución nº3 de Cangas abriu dilixencias "contra a conselleira delegada de DomusVi España, Xosefina Fernández, ademais doutros dous cargos da Xunta de Galicia.


|

A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias vén de anunciar que o Xulgado de Instrución nº3 de Cangas abriu dilixencias "contra a conselleira delegada de DomusVi España, Xosefina Fernández, ademais doutros dous cargos da Xunta de Galicia.


Segundo a nota da Federación, o caso será levado polo xuíz David Pérez Laya, que é o que admitiu a trámite a denuncia presentada polas fillas de dúas usuarias, unha delas falecida no xeriátrico, victima do coronavirus durante a crise que golpeou a moitas residencias galegas e que tivo na DomusVi de Aldán un especial impacto.


Militares da Brilat desifectando a residencia de anciáns Domus Vin Aldán Cangas esta fin de semana cando xa había varios positivos de coronavirus confirmados, o luns é cando a Xunta adm

Militares desinfectan a residencia DomusVi Aldán-Cangas durante o estado de alarma


Desde REDE citan que a denuncia está presentada, ademais de contra Xosefina Fernández, contra Laura Cancelo, directora do centro, a xefa dos Servizos de Inspección de Maiores e Discapacitados da Xunta, Maria Berta Bicada Porto, e o director xeral e Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Idelfonso de Cámpaa.


"Ábrense, por tanto, dilixencias previas por presuntos delitos de homicidio, lesións por imprudencia profesional, e abandono de discapacitados", sinala Rede.


"RESCATADA TRAS 50 CAÍDAS"

Á súa vez, advirten que unha das denunciantes "tivo que rescatar á súa nai despois de 50 caídas no centro, levándolla para casa, unha vez que a autoridade sanitaria deu o visto e prace en pleno estado de alarma". "A outra familia xa non tivo esa oportunidade, a súa nai faleceu na residencia", lamenta a Federación, á vez que recalca que entre a familia afectada refírense ao caso como "asasinato" ou "invitación a morrer".


"O xuíz chamará a declarar ás denunciantes, pedirá a DomusVi a entrega dos historiais medios das nais das querellantes e designará médico ou médica forente para que estude os documentos e emita o informe pertinente", conclúe REDE.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE