​Jácome non suma: Os apoios a Baltar volven minguar na provincia e na cidade de Ourense, pese ao respaldo de DO

A atalaia sobre a que Manuel Baltar domina a provincia de Ourense é, a cada ano que pasa, un pouco máis baixa. Feudo incuestionable dos populares, xa nas eleccións locais de maio de 2019 a cadeira de brazos do presidente da Deputación pareceu cambalearse ata o punto de que só un paco de última hora con Democracia Ourensá e a cambio de sacrificar a cidade de Ourense, a xoia da coroa, permitiu á saga Baltar seguir á fronte do organismo provincial.


|

A atalaia sobre a que Manuel Baltar domina a provincia de Ourense é, a cada ano que pasa, un pouco máis baixa. Feudo incuestionable dos populares, xa nas eleccións locais de maio de 2019 a cadeira de brazos do presidente da Deputación pareceu cambalearse ata o punto de que só un pacto de última hora con Democracia Ourensá e a cambio de sacrificar a cidade de Ourense, a xoia da coroa, permitiu á saga Baltar seguir á fronte do organismo provincial.


Con todo, os resultados deste domingo parecen aventurar que o dominio dos Baltar cada vez goza de menos apoios. Aínda que a provincia volve ser azul e a vitoria dos populares non deixa lugar a dúbidas da súa poder, a realidade é que dos nove escanos logrados en 2016 perdeu un, e que en catro anos na provincia perdeu case 11.000 votos. A pesar de todo, a porcentaxe de apoio é o mesmo: 53,13%.


Jacome e Baltar o día no que consumaron a súa sorprendente alianza

Jácome xunto a Baltar


E iso a pesar de que a participación a nivel provincial subiu, algo que beneficiou maioritariamente ao BNG, cuxo apoio creceu en case catorce puntos, mentres que o PSdeG, que perdeu pouco máis de 400 votos, tamén creceu porcentualmente cun 19,69% dos votos, un 2,07% máis que fai catro anos. Nacionalistas e socialistas repartíronse os outros seis escanos postos en xogo, aínda que a lista de Ana Pontón recibiu case 400 votos máis que a de Gonzalo Caballero.


Ademais, cabe destacar que mentres que o BNG recolleu maioritariamente os antigos votos de En Marea (24.222), os 7.723 votos que en 2016 caeron ao lado de Democracia Ourensá, que nesta ocasión non concorreu ás autonómicas previsiblemente polo pacto alcanzado cos populares o ano pasado e deu o seu apoio á candidatura de Feijóo, e os máis de 3.300 votos que perdeu Cidadáns duns comicios a outros, non foron a parar ás papeletas dos populares. Eses once mil votos postos sobre o tapete foron a parar lonxe dos petos conservadores, xa que máis de 3.000 fóronse á ultradereita, con Vox cultivando uns pobres resultados a pesar de roubarlle votantes a Cs e PPdeG.


Por outra banda cabe destacar a Marea Galeguista a nivel provincial, a que prometía ser a sétima forza en discordia, pero que nas contas ourensás temos que baixar ata a novena posición para ver os seus resultados: só 188 votos e superado por Espazo Común-Recortes Cero de Pachi Vázquez e PACMA.


O APOIO DE JÁCOME NON ASEGURA NADA

Para exemplificar a perda de peso e o desgaste do PP ourensán só fai falta radiografiar o ocorrido na capital. O apoio de Jácome en Ourense traduciuse na cidade en 1.739 votos menos, a pesar de que DO cultivara 5.382 catro anos antes


Pero non fai falta irse tan lonxe. En maio de 2019 as listas populares recibiron 12.482 votos, e apenas un ano despois, o PPdeG non logrou rabuñar nin 10.000 votos máis, e iso que os máis de 11.000 votos que no seu día levaban o nome de Jácome parecían ter un destinatario claro nesta ocasión, do mesmo xeito que os case 4.000 votos que se deixou polo camiño Cidadáns. De feito, a forza laranxa ha pasado ao ostracismo na cidade, onde conta con dous concelleiros.


Diferente sorte tiveron tamén na capital os nacionalistas, que creceron exponencialmente tanto en comparación coas autonómicas de 2016 como coas locais de 2019. Coas primeiras a diferenza é de case 10.000 votos; coas segundas é de 8.000. Os socialistas, en cambio, sufriron un pequeno descenso en comparación coas municipais (4.000 papeletas menos), pero melloraron os rexistros de fai catro anos. A pesar de todo, non lles alcanzou para ser a segunda forza da cidade.



Xa atendendo a outras localidades, aos populares pasoulles factura por exemplo a crise do paritorio de Verín, municipio no que perderon máis dun milleiro de votos, Xinzo, onde se deixou medio milleiro de apoios, ou Allaríz, municipio dominado polo BNG.


BALTAR “EN DECLIVE” PARA O PSDEG

A pesar dos resultados menos satisfactorios do esperado, Baltar quixo sacar peito ante os medios ao afirmar que a de Ourense foi “a provincia con maior porcentaxe de participación -60,86%-, non só en Galicia senón tamén no País Vasco”. "Máis de 1 de cada 2 ourensáns votou ao Partido Popular e ás súas propostas", indicou Baltar, que se referiu á porcentaxe de apoio pero non aos votos perdidos, mentres que sobre o escano perdido limitouse a culpar á Ley D’Hondt e á desfeita de En Marea en beneficio do BNG.


Pola súa banda, no seo do PSdeG fixeron o propio para celebrar ese escano arrebatado aos populares, “a única forza política da provincia que non aumenta apoios”. Para os socialistas os resultados reafirman “a tendencia das eleccións xerais e municipais, ao ser a terceira vez consecutiva na que os populares perden votos nas urnas e a terceira na que os socilalistas suman novos apoios”.


Nese sentido, Juan Carlos Francisco, segundo deputado elector polos socialistas auriense, felicitió a Feijóo pola súa vitoria e ao BNG prol os seus “excelentes resultados”. Con todo, tachou os resultados do PSdeG como “satisfactorios” e celebrou o aumento na porcentaxe de votos. “Nun prazo non moi longo de tempo o PPdeG será pasado”, advertiu Francisco.



Pola súa banda, Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial, sinalou que os resultados mostraban “claramente un cambio”, xa que aínda que antes era o interior o que mantiña ao PPdeG “agora é a costa”, e que os socialistas “veñen aumentado voto” elección a elección. Á súa vez, mandou unha mensaxe a Baltar, sinalando o “claro declive” dos populares e denunciando que “o triunfalismo non ten sentido nin tapa os seus defectos”, sobre todo despois de non ser capaz de gañar o voto urbano co respaldo do alcalde de Ourense. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE