17 positivos máis na Mariña, a Xunta endurece a corentena en Burela e outros 6 concellos pero ve o brote "controlado"

Isto a pesar de que a Xunta e o seu presidente insisten en que o brote da Mariña está controlado.


|

Endurécese o confinamento en Burela e limítase máis a mobilidade noutros seis concellos veciños. Isto a pesar de que a Xunta e o seu presidente insisten en que o brote da Mariña está controlado. Feijóo non atrasará as eleccións, nin sequera en Burela.


Os veciños de Burela non poderán saír do seu municipio, polo menos durante cinco días. Os concellos de Ribadeo, Xove, Cervo, Viveiro, Barreiro, Foz terán a súa propia burbulla. Os seus veciños poderán moverse entre estes municipios, pero non saír deles. O que na práctica supón un maior confinamento do que viñan soportando ata hoxe.


Tanto en Burela como na burbulla de seis concellos non se permitirán entradas. É dicir, esas zonas seguen confinadas como ata hoxe e, no caso de Burela, máis illadas pois ninguén poderá entrar ou saír dese municipio.


FIN DA CORENTENA NALGÚNS CONCELLOS

Hai que lembrar, iso si, que o confinamento non se aplica para os desprazamentos de traballo e outras necesidades xustificadas, como a atención sanitaria.  En toda a comarca seguirá pechado o lecer nocturno. 


Só quedan libres da corentena os concellos máis despoblados, os da montaña de A Mariña interior (Ourol, Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Trabada e Valadouro  ) e o costeiro O Vicedo.


Segundo os datos facilitados en rolda de prensa, desde onte detectáronse 17 novos contagios na Mariña. El número de casos activos na Mariña é de 192. 


A cifra de novos contaxiados é similar á das xornadas anteriores. A última semana o número de contaxiados na zona creceu cada día entre 17 e 25 persoas, salvo o martes excepcionalmente  bo,  cando a Xunta só comunicou 2 positivos. 


Así as cousas, a serie histórica de datos indica que o brote dista de estar controlado, polo menos na Mariña, como asegura a Xunta. 





Os hospitalizados seguen sendo cinco, pero a Xunta espera que tres deles poidan ser dados de alta pronto. Non hai ninguén na UCI.


Na vila de Burela hai 137 casos activos, segundo o seu alcalde en declaracións a Ser Lugo. Estarán en confinamento dentro do seu municipio desde as 0 horas do sábado ata as 0 horas do xoves. Burela ten 9.588 habitantes segundo o censo de 2019. Por tanto, agora mesmo polo menos o 1,4% por cento da burelenses está contaxiado, seguramente máis debido ao carácter asintomático do covid-19 na maioría de persoas. 








"A epidemia non está acababa, por iso mantemos as medidas" dixo o conselleiro de Sanidade, a pesar de insistir en que o brote está "controlado". Vázquez Almuiña argumentou que seguen aparecendo novos contagios, pero que eses novos infectados son todos contactos das persoas que xa deran positivo antes. Trátase, ademais, dixo, de persoas mozas.


FEIJÓO NON APRAZARÁ ASELECCIÓNS

No mesmo sentido pronunciouse o presidente da Xunta, aínda que Alberto Nuñez Feijóo non estivo na rolda de prensa para informar das modificacións do confinamento. 


No primeiro mitin mantial do seu sprint final de campaña, o político conservador dixo que o brote estaba "ben perimetralizado". Feijóo argumentou que na Mariña hai uns 55.000 votantes e uns 200 positivos, polo que non se pode "cernar" o dereito a voto da maioría. 


Está claro pois que o presidente desatende as peticións da oposición de aprazar a cita electoral nesa comarca. 


Mentres segue a confusión sobre a veracidade dos datos. Varios sanitarios da Mariña deron onte a cara para denunciar que as cifras que publica o SERGAS non se corresponden coas que figuran na intranet médica. Inmediatamente, a Xunta desmentiu as acusacións.


Hoxe a asociación galega de médicos de familia criticou ás autoridades por establecer corentenas de só cinco días e reclamou máis rigor científico.




4pSLe casos activos no rebrote de coronavirus na mari a e provincia de lugo





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE