​As choivas e o ceo cuberto volverán a Galicia a partir do mércores, con descenso das temperaturas

A inestabilidade atmosférica que acompañou a Galicia nestes primeiros días do verán regresará este mércores. Ata entón, a situación na comunidade será de temperaturas cálidas e ceos despexados, mentres que unha nova fronte entrará polo noroeste na madrugada do mércores.


|

A inestabilidade atmosférica que acompañou a Galicia nestes primeiros días do verán regresará este mércores.


Ata entón, a situación na comunidade será de temperaturas cálidas e ceos despexados, mentres que unha nova fronte entrará polo noroeste na madrugada do mércores.


WhatsApp Image 2020 06 29 at 14.43.35 (1)



De momento os bañadores e sandalias permaneceron a recado no armario nesta primeira semana estival en Galicia, onde os paraugas substituíron ás antucas de praias, moi pouco concorridas durante a pasada fin de semana.


A pesar de todo, luns e martes si se presentan como días estivais en Galicia, grazas á influencia do anticiclón dos Azores, que deixará ceos asollados nestes últimos días de xuño e temperaturas que, sen ser sufocantes, serán o bastante agradables como para permitir algunha escapada á praia. O martes mesmo se espera chegar aos 33 graos nalgúns puntos da comunidade.


Con todo, isto non durará moito tempo e Galicia recibirá a xullo de novo co chubasquero, sobre todo no litoral coruñés, que sufrirá precipitacións intermitentes ao longo do mércores. As previsións auguran que a inestabilidade nos acompañará ata ben entrado o xoves e, a partir de aí, Galicia podería dar a benvida definitiva ao verán, xa que o anticiclón promete situarse no norte e influír na comunidade durante varios días. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE