Pode haber festival Revenidas "moi reducido" este setembro
O de Vilaxoán é o primeiro gran evento musical galego que abre a posibilidade de celebrarse este ano, aínda que sería cun tamaño menor.
O festival Revenidas, que se celebra en Vilaxoán de Arousa (Pontevedra), apraza a súa edición 17ª edición aos días 10, 11 e 12 de setembro de 2021.
Estaba previsto que o festival tivese lugar na segunda fin de semana de setembro, pero a organización comunicou este martes que se viron obrigados a tomar esta decisión "ante a complexidade para levar a cabo un evento destas características" polo impacto do coronavirus.
Con todo, explica que prepara para este mes de setembro un formato "moi reducido" do evento, que contará con concertos e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinares "ligadas ao territorio, á tradición e á cultura mariñeira da zona".
As persoas que compraron a súa entrada poden gardala para asistir á edición de 2021. En caso de querer recuperar o diñeiro, terán todo o mes de xullo para facelo. A plataforma de venda contactará cos compradores para facilitarlles máis información.
Escribe o teu comentario