Navantia Fene ensamblará 62 jackets para un parque mariño en Francia

Acudirán ao estaleiro de Perlío os presidentes da Xunta, Iberdrola, Navantia e Windar

|

O estaleiro público especializouse en construír estes soportes para a enerxía eólica no mar hai varios anos. Son estruturas de máis de ducias de metros que teñen que resistir na auga varias décadas e ser capaces de aguantar a colisión dun barco.


As instalacións de Navantia Fene acollerán este xoves 18 de xuño a firma do contrato entre a empresa eléctrica Iberdrola e a UTE (Unión Temporal de Empresas) formada por Navantia e Windar para a construción de 62 jackets destinadas ao parque eólico mariño Sanint Brieuc, que se construirá en augas da costa oeste de Francia.


Screenshot from 2020 06 18 09 17 01

Jackets de Navantia Fene xa construídos para Iberdrola



Para este acto, programado ás 12,00 horas do xoves, teñen confirmada a súa presenza o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo; o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán; e os seus homólogos en Navantia, Susana de Sarriá; e Windar, Orlando Alonso.

O contrato contempla que unha parte das estruturas realizarase en Brest (Francia), como os nós inferiores e a estrutura de celosía para 34 jackets, mentres que en Avilés (Asturias) realizaranse as pilas que fixarán as estruturas ao fondo do mar. Posteriormente, todo iso será ensamblado en Fene.

Este parque eólico contará cunha extensión de 78 quilómetros cadrados e unha capacidade de xeración eléctrica de ata 496 megawatios, o que supón o encargo máis importante realizado por Iberdrola á UTE que forman Navantia e Windar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE