Orquestra Panorama baixa o pano este 2020 ao ser incapaz de adaptarse á nova normalidade

Menos dunha semana despois de que o Goberno galego anunciase que as verbenas populares poderían regresar a partir do 1 de xullo, e o día despois de que avanzase a creación dun protocolo na materia, unha das orquestras máis recoñecidas de Galicia, a Panorama, anunciou este mércores que cancela a súa xira 2020, entre outras cuestións, ante a "imposibilidade" de adaptar o seu espectáculo ás condicións da nova normalidade.


|

A histórica orquestra galega non acenderá os seus focos este verán, a pesar da alentadora situación epidémica da comunidade galega. Desde Panorama sosteñen a súa decisión na "imposibilidade" de adaptar o seu espectáculo ás condicións da nova normalidade.


Víctor Anton Rodríguez, director de Gaias Eventos –axencia que conta na súa carteira coa Panorama ademais de ‘Paris de Noia’, ‘O Combo Dominicano’ ou ‘Olympus’– xa debullara para Galiciapress as dificultades ás que se enfronta o sector neste escenario de crise


Panorama




Menos dunha semana despois de que o Goberno galego anunciase que as verbenas populares poderían regresar a partir do 1 de xullo, e o día despois de que avanzase a creación dun protocolo na materia, unha das orquestras máis recoñecidas de Galicia, a Panorama, anunciou este mércores que cancela a súa xira 2020, entre outras cuestións, ante a "imposibilidade" de adaptar o seu espectáculo ás condicións da nova normalidade.


A orquestra apunta que desde hai "varias semanas" viñeron apreciando que "sería moi difícil realizar esta xira dado o problema sanitario tan grave" que vive nestes momentos Galicia, teniendo en cuenta que os protocolos sanitarios "van requirir de limitacións e controis de aforo, distanciamento social e mesmo distanciamento entre os propios artistas".


A formación indica que, por seguridade, prefiren non arriscarse a provocar "aglomeracións" derivadas das súas actuacións e avanzan que, tras as últimas cancelacións de comisións de festas, "resulta totalmente imposible realizar a xira con menos de 15 actuacións".

Do mesmo xeito, descartaron realizar unha adaptación do seu espectáculo a un modo máis "relaxado", que puidese verse respectando as normas da nova normalidade. "Pero non sería Panorama, nin os nosos seguidores estarían a ver o que esperan de nós", recolle o comunicado, co que a orquestra inicia a "conta atrás" para a xira de 2021.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE