Galicia, libre de competicións de caza oficiais este 2020: a Federación Española suspende os campionatos
O Comité Interautonómico da Real Federación Española de Caza (RFEC) decidiu suspender de maneira definitiva todas as competicións oficiais de caza a nivel provincial, autonómico e, como consecuencia, nacional ata 2021, debido á crise do coronavirus.

Segundo informou a Federación, a decisión adoptouse atendendo a dous criterios fundamentais. Por unha banda, a desigualdade de condicións na que ían chegar os deportistas, xa que a desescalada é asimétrica nas distintas comunidades autónomas.
Doutra banda, destacan, "primou a saúde" dos cidadáns, xa que "como están a advertir as autoridades sanitarias, o risco de rebrotes será maior no outono e inverno, polo que a celebración destas probas, que nalgúns casos reúnen a varios centos de persoas, só fai incrementar o risco de contagios, ao que se suman as restritivas medidas sanitarias que fan que a maioría destas probas sexan inviables a día de hoxe".
O presidente da RFEC, Ignacio Valle, explicou que esta opción é o "máis xusto a día de hoxe". "A desescalada é distinta en cada autonomía, os deportistas non poderían disputar a proba en igualdade de condicións e, tal e como nos advirten as autoridades sanitarias, os riscos dun rebrote seguen aí, polo que non podemos poñer en risco a saúde das persoas", resolveu.
Escribe o teu comentario