O Celta volverá competir dentro de 2 sábados e outras datas para a volta de LaLiga

O equipo de Vigo competirá ás cinco da tarde contra o Villareal co obxectivo de avanzar cara á permanencia. Ese mesmo día volverá xogar o líder, o F.C. Barcelona de Leo Messi, fronte ao Mallorca. O primeiro partido será dous días antes, o derbi andaluz entre béticos e sevilllistas. Todo isto se non hai rebrotes, claro.


|

O equipo de Vigo competirá ás cinco da tarde contra o Villareal co obxectivo de avanzar cara á permanencia. Ese mesmo día volverá xogar o líder, o F.C. Barcelona de Leo Messi, fronte ao Mallorca. O primeiro partido será dous días antes, o derbi andaluz entre béticos e sevilllistas. Todo isto se non hai rebrotes, claro.



España xa dobregou a curva do coronavirus e case todo o que quedou parado en marzo, volve funcionar aos poucos. É o caso da liga, que empezará o 11 de xuño ás 22:00 horas co clásico andaluz Sevilla-Betis, no Sánchez Pizjuán. 


Ao día seguinte, o 12 de xuño, disputarase o segundo e o terceiro partido da primeira división de futbol: o Granada xogará ás 19:30 horas co Xetafe e ás 22:00 horas farano o Valencia contra o Levante. 


O sábado 13 de xuño ás 13:00 horas xogarán o Espanyol contra o Arabés, e ás 17:00 horas o Celta de Vigo contra o Villareal. Tamén o farán o Leganés contra o Valladolid (19:30 h.).


O dianteiro do RC Celta Iago Aspas




Ese mesmo día volve o Barça á competición, cun enfrontamento co Mallorca ás 22:00 horas. 


A primeira xornada post-Covid pecharase o domingo 14, coa volta do Real Madrid contra o Eibar (19:30), o enfrontamento entre o Athletic e o Atlético (13:00 h.), e a Real Sociedade contra o Osasuna (22:00h).






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE