Todo listo para que ‘The Style Outlets’ abra as súas portas este luns na Coruña
Nesa liña, tamén expoñen que acometeron reforzos na seguridade e no persoal de limpeza “para garantir a constante desinfección do centro, especialmente nas zonas máis sensibles como os aseos, zonas comúns ou sala de lactación, entre outros”.
A apertura do centro realizarase “con rigorosas medidas hixiénico-sanitarias para garantir a seguridade dos seus visitantes e todos os empregados”.
The Style Outlets ultima os preparativos para que as súas 50 tendas de primeiras marcas nacionais e internacionais abran as súas portas este luns 25 de maio. Para garantir que todo se desenvolva na mellor das condicións estes días tivo unha segunda desinfección completa do lugar con vistas á inauguración. "O outlet de Galicia implementou protocolos de seguridade adicionais á normativa como o reforzo da desinfección e hixiene dos sistemas de climatización do centro e a utilización de mochilas pulverizadoras para a limpeza de superficies", informa a compañía.
Nesa liña, tamén expoñen que acometeron reforzos na seguridade e no persoal de limpeza “para garantir a constante desinfección do centro, especialmente nas zonas máis sensibles como os aseos, zonas comúns ou sala de lactación, entre outros”.
“Coruña The Style Outlets -situado xunto ao aeroporto e a tan só 10 minutos do centro da Coruña-, que abrirá as súas portas no horario habitual, contará con un control de aforo en tempo real grazas ao seu sistema de contadores de persoas e procederá ao peche das áreas de descanso, parques infantís e ludoteca de acordo coa normativa vixente”, sinala a nota.
Escribe o teu comentario