Galicia ten boas notas para pasar a Fase 2 do desconfinamiento, indican as gráficas da evolución do coronavirus

Galicia chega á avaliación da Fase 2 cos deberes feitos, polo menos desde o punto de vista de evolución do COVID-19.


|

Galicia chega á avaliación da Fase 2 cos deberes feitos, polo menos desde o punto de vista de evolución do COVID-19. As medias de novos positivos e de hospitalizacións son notablemente mellores que hai 15 días, a pesar de repuntes leves e puntuais como o de hoxe en Ferrol.




En total, en Galicia deron positivo 10.986 persoas, 10 máis que onte.



POSITIVOS

Todos os novos casos son produto de probas PCR. Fai varias xornadas que o Ministerio xa non informa de positivos por probas de anticorpos.


O indicador "novos positivos PCR" leva unha semana sen pasar de 10 casos novos ao día, algo que non pasara nunca. Unha boa noticia pois esta serie é a primeira que nos alertará do temido repunte.


Rebrote do que non hai indicios, a pesar que os 10 positivos de onte igualan o récord semanal. Se, como debemos facer coas estatísticas, ampliamos o foco e miramos a media móbil semanal, vemos que os novos contagios detectados seguen cunha tendencia claramente a a baixa. 


Descenso, iso si, influenciado pola ausencia de positivos por anticorpos, cuxas cifras a Xunta si está a mandar a Moncloa diariamente pero que o Ministerio deixou de publicar. Estes positivos, en todo caso, serían sobre todo de enfermos xa recuperados.






HOSPITALIZADOS


A media móbil a 7 días de ingresos en hospital tamén indica unha mellora esta semana, aínda que moi lixeira. Onte houbo 4 hospitalizacións, que está xusto na media destes días. A pasada semana este indicador andaba sobre as 6 hospitalizacións ao día.


Ata o de agora, son 2.943 as persoas hospitalizadas con COVID-19 en Galicia.


 



UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


As UCIs traen as mellores noticias da xornada. Só quedan 13 pacientes críticos, que é a cifra máis baixa desde fai case dous meses. 


Ademais, onte non se rexistrou ningún ingreso en coidados intensivos. Seguen sendo 334 os pacientes que entraron en UCI en Galicia, lamentablemente algúns con fatal desenlace. 





FALECEMENTOS


O mércores só se rexistrou unha morte en Galicia por COVID-19. Foi nun hospital e cortou unha boa serie de tres xornadas sen óbitos. 


Fai xa máis dunha semana que non falece ninguén nunha residencia, aínda que varios dos últimos falecidos en hospitais son persoas que vivían en centros de anciáns. Estes servizos asistenciais seguen acaparando aproximadamente o 45% dos decesos no país.


O cómputo oficial de falecidos é de 608, cinco máis que hai unha semana. O total de recuperados acaba de superar os 9.500, o que representa aproximadamente o 84% de todos os positivos.




DATOS DE CORONAVIRUS EN ESPAÑA


Tampouco a nivel estatal hai sinais de alarma. Por vez primeira desde o 10 de marzo España encadea cinco días por baixo dos 500 casos confirmados diarios. Onte houbo 344, destancando autonomías como Asturias e A Rijoa, que non notificaron ningún.




A mellor noticia do día é que España baixa dos 50 falecidos diarios por primeira vez desde o 14 de marzo, a xornada en a que se declarou o estado de alarma.




Agora mesmo, os tres países que reportan máis mortes son americanos: EE.UU. , Brasil e México. Os cariocas probablemente superarán o número de decesos de España.



Made with Flourish




ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia (7)









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE