Cantos casos de coronavirus hai nesa aldea? Estan son as claves do mapa para localizar contagios en Galicia

Reitero que o obxectivo do proxecto é darlles ás autoridades unha ferramenta e un coñecemento territorial do COVID para axudar na súa xestión e toma de decisións.Ao redor da APP coa que traballan no Goberno de España para monitorear os focos de contaxio a nivel nacional en principio parece que a colaboración cidadá será voluntaria e non obrigatoria, o que a súa efectividade está posta en dúbida para poder dar un resultado fidedigno.


|

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a traballar nun novo mapa actualizable que permitirá saber cantos casos de Covid-19 en cada entidade de poboación ou municipio. Galiciapress entrevista ao responsable, o profesor de Sistemas de Información Xeográfica Anxo Miramontes Carballada, sobre cuestións como, por exemplo, a privacidade dos datos.


Angel Miramontes Carballada


Anxo Miramontes Carballada (A Estrada, 1976) 


Segundo a USC, o mapa será “actualizable” e "permitirá realizar un diagnóstico sobre o comportamento espacial do contaxio, e á súa vez, seleccionar os espazos máis necesitados de aplicar medidas anti-propagación". Que grao de detalle espera conseguir con este mapa? Por rúas, por barrios…?

Si, efectivamente una das potencialidades desta ferramenta cartográfica é que será actualizable, poderémoslle engadir e quitar indicadores segundo o comportamento do COVID. O grao de detalle vai desde a escala da entidade de poboación ao límite municipal.


Que elementos serán necesarios para crear este mapa? Necesitará da colaboración cidadá ou se elaborará a partir dos datos ofrecidos desde as áreas sanitarias?

Esta ferramenta cartográfica, realmente é un software, un sistema de información xeográfico no que incluiremos tres grandes bloques de información: indicadores socioeconómicos de Galicia, as bases territoriais e datos do COVID. Todos eles son datos oficiais.


Nós nunca teremos referencias persoais, a información é numérica, codificada, non persoal.


Nese sentido, o grao de detalle que poida ofrecer o mapa vai ineludiblemente unido á privacidade das persoas. Pódese crear unha ferramenta destas dimensións respectando á súa vez os datos persoais da xente?

O noso grupo de investigación está afeito traballar con datos confidenciais de toda índole, polo que no cumprimento a lei de protección de datos e criterios científicos non existe ningún problema. Ademais, nós nunca teremos referencias persoais, a información é numérica, codificada, non persoal.


Cando podería estar operativo este mapa? Estará ao alcance de toda a poboación?

Necesitamos un mínimo de 6 semanas desde que se asinou o convenio e en principio a relación de mapas ten como destino único as unidades competentes (SERGAS – Xunta de Galicia). Reitero que o obxectivo do proxecto é darlles ás autoridades unha ferramenta e un coñecemento territorial do COVID para axudar na súa xestión e toma de decisións.


Ao redor da APP coa que traballan no Goberno de España para monitorear os focos de contaxio a nivel nacional en principio parece que a colaboración cidadá será voluntaria e non obrigatoria, o que a súa efectividade está posta en dúbida para poder dar un resultado fidedigno. Cre que nunha situación como esta debería ser obrigatoria a colaboración cidadá para obter resultados máis precisos?

Obrigar a algo non adoita ser unha boa metodoloxía de traballo.


Canto máis e mellor coñezamos como se comportou no pasado e onde, tamén poderemos contraatacalo mellor no futuro.


Segundo o estudo de seroprevalencia realizado polo SERGAS apenas un 1% da poboación galega ha estado en contacto co virus, o que deixa á comunidade especialmente exposta a unha segunda onda ao circular pouco o virus polo territorio. Pola súa experiencia, considera que hai diferenzas substancias en como incidiu a enfermidade entre o rural e as cidades? Pode ser a dispersión xeográfica un factor diferenciador?

Claro que si, as características do territorio son fundamentais para coñecer o comportamento do virus. Canto máis e mellor coñezamos como se comportou no pasado e onde, tamén poderemos contraatacalo mellor no futuro.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE