Leve repunte de casos de coronavirus na Coruña e caída nas outras áreas, indica o SERGAS

Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten que o descenso no número de casos activos nas áreas galega segue sendo constante e que mesmo ofrece mellores datos que a xornada pasada, cando a gráfica viuse reducida en apenas 28 casos. Este martes son 35 menos con respecto a onte. 


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde de hoxe reflicten que o descenso no número de casos activos continúa, a nivel galego. Mesmo con mellores datos que onte, cando a gráfica viuse reducida en apenas 28 casos. Este martes son 35 menos. Agora ben, na Coruña hai 7 máis.


A área herculina, despois de cinco xornadas consecutivas de caída, experimenta un lixeiro repunte no seu número de casos activos. A Coruña sofre o seu maior repunte en once días. 




Este pequeno salto na gráfica coruñesa non debería preocupar especialmente, polo menos por agora. Sobre todo,  atendendo a case o milleiro de casos que o conxunto das áreas sanitarias han perdido en apenas catro días. 


Con todo, si debería servir para manterse en garda e extremar as precaucións tanto no referido á hixiene como ás medidas preventivas, especialmente con vistas a que Galicia poida pasar o vindeiro luns á fase 2 da desescalada, que traería consigo o fin de novas restricións e abriría a porta a un importante impulso á actividade económica galega. 


Doutra banda, A Coruña é a nota discordante nesta xornada na que o resto de áreas seguen restando casos.


Vigo, a máis afectada, perde nove casos activos en 24 horas, mentres que Ourense, a terceira área máis afectada nestes momentos, ve minguados os seus algarismos en ata 17 casos menos. A de Ourense é a maior caída da xornada e a única área que aínda non experimentou repuntes desde o cambio de metodoloxía da Xunta do 29 de abril


Santiago, pola súa banda, perde un total de seis casos activos desde onte. Lugo, Pontevedra e Ferrol, as áreas menos afectadas de Galicia, tamén seguen arroxando descensos, aínda que a un ritmo máis lento que durante a fin de semana. Así, son tres casos menos na área lucense, un  menos na pontevedresa e catro menos na ferrolá. Ferrol con 31 casos activos segue tendo os mellores datos das sete áreas galegas. 



Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este martes 19 de maio en Galicia ascende a 1.171 dos cales 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 290 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago e 31 da de Ferrol.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (1)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE