PACMA denuncia o envelenamento a tres cachorros de mastín en Cerdedo-Cotobade
Ademais dos tres cachorros, dous mastines adultos foron asasinados tras recibir disparos no municipio pontevedrés. Un deles foi disparado na cabeza.
Ademais dos tres cachorros envelenados, dous mastines adultos recibiron disparos no municipio pontevedrés. Un deles morreu despois de ser disparado na cabeza.
Foto de arquivo de cachorros de mastín
Os cinco animais agredidos -tres cachorros envelenados; dous cans adultos tiroteados- atopábanse nunha explotación gandeira, segundo denuncia a Fundación Franz Weber, que reclama unha investigación urxente do caso.
Do mesmo xeito, desde PACMA tamén denuncian o ocorrido na localidade pontevedresa e esixen “o endurecemento das penas por malos tratos animais”. “Os maltatadores seguen atacando e matando animais porque as leis permítenllo”, lamenta o partido animalista.
A Fundación, doutra banda, lembra que o uso de cebos envelenados está tipificado como delito e considérase “caza non selectiva”, que pode carrexar ata dous anos de prisión, mesma condena aplicada para os malos tratos de cans.
Nese sentido, e seguindo a vía administrativa, as sancións económicas poderían ascender ata os 30.000 euros, ademais de inhabilitacións para tenencia de animais domésticos ou armas de caza durante unha década.
Escribe o teu comentario