Permiso para que os universitarios visiten os seus pisos doutras provincias para recoller os seus apuntamentos e demais aveños

Os estudantes universitarios que estean matriculados en centros de educación superior de Galicia poderán moverse entre as catro provincias galegas para ir recoller apuntamentos á cidade na que estudan.

|

Os estudantes universitarios que estean matriculados en centros de educación superior de Galicia poderán moverse entre as catro provincias galegas para ir recoller apuntamentos á cidade na que estudan.


Convocatoria extraordinaria das probas de Selectividade na Universidade de Sevilla o pasado mes de setembro.



Así se acordou este sábado na novena reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) que mantivo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e representantes da Delegación do Goberno en Galicia.

Neste encontro decidiuse que os alumnos matriculados nalgunha das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia deben estar autorizados para desprazarse a recoller os seus apuntamentos e os efectos persoais que deixaron no lugar no que residían ata o momento da suspensión das clases, xa que o interpretaron como "unha situación de necesidade".

Desta maneira, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en atender esta demanda do colectivo de estudantes universitarios que ven afectados pola restrición de mobilidade entre provincias a poucas semanas das avaliacións finais do curso académico.

Para poder xustificar a mobilidade, cada universidade habilitará o proceso correspondente coa emisión dun certificado "persoal e intransferible" que facilitará a realización dunha soa viaxe á cidade universitaria galega na que o estudante estea matriculado.

Ademais, este permiso só autoriza á recollida dos efectos persoais e desaloxo da vivenda, no caso de que sexa oportuno debido ao fin do contrato, e tamén á recollida de material en residencias universitarias.


BIBLIOTECAS, MUSEOS E ARQUIVOS

Por outra banda, retomarase a partir deste luns a actividade presencial nas 23 bibliotecas, museos e arquivos xestionados pola Xunta de Galicia, baixo un protocolo que segue as indicacións fixadas polo Ministerio de Sanidade e foi abordado cos representantes sindicais.

As bibliotecas reiniciarán esta actividade para partir do luns e os primeiros servizos que se activan están relacionados co préstamo e devolución de materiais e a lectura en sala. Por tanto, na Cecop precisouse que os fondos que se devolvan terán que pasar unha corentena de 14 días antes de volver estar ao dispor da cidadanía.

Os museos, pola súa banda, abrirán a partir do martes cun terzo do seu aforo e sen visitas en grupos. Mentres tanto, nos arquivos prevalece a atención telemática e a presencial se reserva para casos imprescindibles e baixo cita previa.


FORMACIÓN AGASP

Respecto a a recuperación da actividade presencial na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), a Cecop acordou retomala de forma gradual.


Así, reiniciarase o curso básico selectivo de acceso á categoría de Policía Local a partir do 1 de xuño. Cando se decretou o estado de alarma o alumnado que acababa de empezar este curso incorporouse ao traballo que se desenvolvía nos concellos para reforzar o persoal.

Agora volverán á formación presencial, na que "cumpriranse todas as medidas hixiénico-sanitarias" coas "máximas garantías". Posteriormente, do 11 de xullo ao 30 de agosto realizarán prácticas nos seus concellos con teleformación na AGASP e finalmente retomarase a formación presencial do 31 de agosto ao 30 de novembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE