Así é a vacina galega en desenvolvemento contra contra o coronavirus
Un equipo da USC desenvolve unha vacina que tenta 'enganar' ao noso organismo para que produza proteínas virales e así estimular nosas defensas
Desenvolver e avaliar en estudos preclínicos unha nova vacina baseada en ARNm contra o novo coronavirus capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus é o obxectivo do proxecto de investigación no que traballa o laboratorio que lidera María José Alonso, e no que participa tamén o grupo que dirixe Mabel Louza, ambos no CiMUS e FIDIS-Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O fin é o de producir un vehículo sintético baseado en biomateriales inocuos e capaz de transportar o ARNm ao interior das células dianas, de modo que logrará a produción do antígeno no organismo humano. Para iso, o proxecto foi financiado polo Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).
As vacinas tradicionais están formadas por doses pequenas ou inactivadas do organismo causante da enfermidade, ou as proteínas que produce, que se introducen no corpo para provocar que o sistema inmunitario xere unha resposta. Pola contra, as vacinas de ARNm "enganan" ao corpo para que produza algunhas das proteínas virales, utilizando para iso en ARN mensaxeiro, que contén "instrucións" para construír unha proteína.
Para producir unha vacina de ARNm, os científicos crean unha versión sintética do ARNm que un virus usa para construír as súas proteínas infecciosas. Este ARNm entrégase nas células, que o len para construír esa proteína viral, e o sistema inmune detecta estas proteínas virales e comeza a producir unha resposta defensiva fronte a elas.
PROCEDEMENTO
Para o desenvolvemento desta vacina, o equipo de investigadores utilizará métodos computacionales para identificar as partes do virus que sexan capaces de provocar unha resposta notable no sistema inmunitario.
Seguidamente, procederase á fabricación da molécula ARNm máis prometedora e, por último, á súa incorporación nun vector viral ou sintético, co fin de garantir a estabilidade do ARN e favorecer a súa chegada efectiva ao sistema inmunitario.
Escribe o teu comentario