O secreto do Hospital de Monforte, 20 días libre de pacientes de coronavirus

O uso obrigatorio de máscaras, minimizar os riscos de contaxio e uns protocolos estritos son algunhas das receitas que seguiron no centro hospitalario para que o complexo leve desde o 15 de abril sen confirmar casos novos de coronavirus.


|

O uso obrigatorio de máscaras, minimizar os riscos de contaxio e uns protocolos estritos son algunhas das receitas que seguiron no centro hospitalario para que o complexo leve desde o 15 de abril sen confirmar casos novos de coronavirus.

Monforte de Lemos e a súa área de influencia sanitaria mantéñense libres de coronavirus, xa que o hospital comarcal do sur da provincia de Lugo non detectou casos de coronavirus COVID-19 desde o 15 de abril.


Hospital de monforte




A localidade monfortina foi a que rexistrou o primeiro falecido con COVID-19 na provincia de Lugo. O director do distrito sanitario de Monforte e xerente deste hospital comarcal, Iván Sanz, en declaracións a Europa Press, afirmou que tiveron "o primeiro falecido e o primeiro gran brote da provincia", pero puideron "controlalo grazas ao traballo de todos".


"Cada sanitario e cada persoa que entra dentro das instalacións", explicou, "leva consigo unha máscara cirúrxica". "Adoptamos esta medida para protexernos aínda máis e é de uso obrigatorio en todas as nosas instalacións", comentou Sanz. Os usuarios que acoden ao centro sanitario monfortino se non posúen unha máscara "facilítanlla aquí". O importante, incidiu, é "minimizar o risco de contaxio".


Ademais, todo paciente "sospeitoso de padecer COVID-19", indicou o xerente, deu negativo e séguense "uns protocolos que garanten a seguridade de todo o persoal". En Monforte, e na área sanitaria de Lugo, onde van doce días sen rexistrar novos falecidos co virus, "está a conterse ben o virus", dixo o responsable do distrito sanitario de Monforte. O sistema "demostrou que está preparado" para calquera problema epidémico, abundou.

En Lugo a circulación do virus foi menor, polo que "o rebrote se non se abren as portas das áreas sanitarias non ten por que ser un problema", aseverou Sanz. "De nada valen todos os esforzos se a xente non pon do seu parte" nas casas, nos negocios, en todas partes "as persoas deben seguir extremando as precaucións", todos temos que "ser responsable", concluíu Iván Sanz.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE